Mostrando entradas con la etiqueta peliquín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peliquín. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de mayo de 2014

Cursabamos terceiro

"Isto contoumo Luisiño Cardemil Sampaio -que bo rapaz, tan triste- o primeiro ano do Istituto, cando nos fixemos amigos. Seguímolo sendo até que morreu -cursabamos terceiro- un día que latou as crases i afogouse no río, frente a Peliquín. Ninguén soupo como foi pois ninguén o viu, que aínda non era tempo de escapármonos pra ir nadar no río."

Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Primeira Comunión", páx.49

viernes, 9 de mayo de 2014

Sin xiquer sentir a cacholada




"Non sabía como era quen pra correr e brincar de tal xeito, sin xiquer sentir a cacholada. Nun intre de nada, xa me vin beira do río, frente ó cachón da aceia vella, cos berros do home moi perto, coasi enriba de min. (...) Seguín a traveso dos castiñeiros de Peliquín, avantei por enriba de Oira, ó lonxe víase Cudeiro, que non sei como o podía ver na noite pecha... Xa non se ouvían os homes nin os cas, que ben se estaba... Somelloume estar deitado. Caíame o suor polas fazulas e pingábame do narís; un suor quente e mesto que se metía nos beizos e seguía correndo...”


Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "A arrasadeira", páx. 23