Mostrando entradas con la etiqueta cambio_en_3. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cambio_en_3. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de mayo de 2017

Nunha gran morea silenciosa

"Apaga o cigarro, tira a colilla i o sono penetra na habitación, que se vai reducindo. Pecha a fiestra i a cidá bórrase máis alá das contras, aínda ilumiñada, pero a punto de convertirse nunha gran morea silenciosa. Íspese a oscuras, soilo na presencia da door que sinte no peito, e deposita mainamente o seu cansancio sobre a paz desta cama onde hai cáseque catro anos que non durme, catro anos que vai facer o 24 do prósimom mes de agosto."

"o dito Cachorro, despóis da trompa agarrada un domingo pola noite en compañía de rapaces-formiga en situación mui semellante á por il soportada, despóis de estar a punto de pelexar cun desconocido compañeiro, despóis de mexar contra a peana que aguanta o peso do bronce estatuario cuia rixidez inmoviliza ó frade de Casdemiro, despois de deitarse, erguerse, vomitar, etcétera, non realizóu un análisis in mente do problema, como iste que aiquí realizamos."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.99

domingo, 28 de mayo de 2017

Os papeles pra marchar

"Entón, cando despóis de dous anos -antes os síntomas fixeran presa no Lisardo- un día despertóu sin se poder mover apenas na casela, esforzándose conseguíu librarse da presión continuada das paredes, chegóu a Galerías Centrales, recolléu a Pila e díxolle -il iñoraba que eran as defensas que actuaban- vóu arreglar os papeles pra marchar."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 95

sábado, 27 de mayo de 2017

Rapaces-formiga

"o dito Cachorro, despóis da trompa agarrada un domingo pola noite en compañía de rapaces-formiga en situación mui semellante á por il soportada, despóis de estar a punto de pelexar cun desconocido compañeiro, despóis de mexar contra a peana que aguanta o peso do bronce estatuario cuia rixidez inmoviliza ó frade de Casdemiro, despois de deitarse, erguerse, vomitar, etcétera, non realizóu un análisis in mente do problema, como iste que aiquí realizamos."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.94-95

viernes, 26 de mayo de 2017

. . . . . .

".
   .
     .
       .
         .
           .
            mañá teráse que erguer ás sete pra baixar á Diagonal a subir caldeiros de masa ó alto dos andamios, a transportar ladrillos, a facer recados, a buscarlle un paquete de tabaco a don Felipe, a enchufar o motor, a cumplir ca función que agora lle corresponde nesta sociedá da que forma parte."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.91-92

jueves, 25 de mayo de 2017

Quén carallo será iste tipo

 “-Leite, ¡qué trompa teño!

-Bueno, bueno, Cachorro.

-Dígoche que sí.

Suben pola rúa da Cruz Roxa, uf, veremos quén traballa mañá. Os novos queren continuala, porque esto non é máis que o comenzo, coño, o millor aínda nono pasamos i o Cachorro mira prá estatua do P. Feixó e pregunta quén carallo será iste tipo. Os outros rínse.

-Qué máis ten.

-Pois estaría bó velo baixar agora de ahí arriba e que se viñera con nós de farra.

As risas dos compañeiros óuvense lonxe i eles siguen o camiño e deixan atrás ó frade de Casdemiro, que mira ó chau, cavilando os máis fermosos pensamentos que nunca dirá, as pequenas palabras que se adiviñan trás da súa muda presencia, mentras asiste ó noso teatro ca pluma suspendida no aire, impotente dende a rixidez do bronce, glorificado niste intre, cando o Cachorro mexa sin recato contra a peana sobre a que se ergue a súa iñorada imaxen.

-¿Cómo?

-De Casdemiro.

-¿De dónde dis que era?

Boh, dígoche que de Casdemiro, ahí ó lado de Melias, indo pola carretera de Monforte. O Cachorro descende das escalinatas do xardín decindo: “Pois a mín nin me vai nin me ven, así que vóume a dormir”. Pídenlle que espere un pouco, pero non espera porque
                                                                                           .
                                                                                             .
                                                                                               .
                                                                                                 .
                                                                                                   .


Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.87-88

                                                                                                                                                               

miércoles, 24 de mayo de 2017

Dez pesos de entrada

" O Cachorro dá media volta e di: "Soilo a tomar unhas copas, Lisardo, xa sabes cómo son eu".

 -Pois unhas copas tamén as podemos tomar aiquí.

 -Aiquí abúrrese ún.

 -Si te aburres, podemos ir a Auria.

 -¿Auria? Leite, son dez pesos de entrada.

 -Entón...

Entón apóianse na barra e piden duas copas de coñac."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.84-85

martes, 23 de mayo de 2017

A pel a flor de lume

"Pasa un coche pola Ponte Nova e pérdese entre os arbres da curva da morte, continúa o ruido pola rua do Paseo, seguro, casi seguro que por alí mismo vai. Despóis, seguro, baixará pola Diagonal, collerá polo Progreso e torcerá logo de cara ó barrio das nenas, de cara ó barrio aquil no que un día entraron por primeira vez ca pel a flor de lume, lembranzas que hoxe aiquí se xuntan como si un vento forte abrira de repente as portas do tempo que pasóu."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.84

lunes, 22 de mayo de 2017

Oscura masa de sombras

"Apoiase novamente na fiestra e queda mirando pró barco de luces -eso mismo parece- ancorado no centro da cidá. Dentro dunha hora apagaráse todo, casi todo, e somentes ficarán unhos cantos guiños tremendo, colgados da noite, unhas cantas luces encendidas no medio da oscura masa de sombras en que, dun momento pra outro,  vaise convertir a capital."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.83-84

domingo, 21 de mayo de 2017

¿cál?

"Apóianse na baranda da ponte. Vese Ourense, un murmurio de luces e ruidos, e vese tamén a casa de Pila.

 -Alá.

 -Non vexo ben.

 -Sí, home, mira alá.

 Il insiste en que non ve ben i entón ela colócase detrás dil, ca mau esquerda faille xirar a cabeza en dirección ó barrio da Ponte, mira acolá, ¿non ves aquela casiña pequena cunha fiestra roxa no medio?; sí, pois aquela non, a outra, a que queda pra iste lado, ¿cál?,¿a que non ten balcós; sí, sí, esa misma. Il move a cabeza e roza a meixela dela. Bícaa, enlázaa pola cintura e continúan andando. O sol entérrase detrás do monte de Ervedelo, fíxate qué bonito, Cachorro, i a oscuridá faise densa."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.81-82

sábado, 20 de mayo de 2017

Cunha pala

"-Mira, Pila, nesta esquiña tiña o taller Barreiros.

 -¿Quén?

 -Barreiros, o dos coches. Un tío que empezóu de ferreiro i agora ten moito diñeiro i é amigo de Franco e todo.

  Siguen por Cardeal Quevedo e tiran cara á Lonia. Antes de chegar ó Hospital torcen á mau dereita e suben ó Viaducto.

 -Pila, nesta ponte vín a un home que se tiróu cando pasaba un mercancías. Recollérono cunha pala."
 
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 75

viernes, 19 de mayo de 2017

Xa o silencio voa alto

"-Agarda que vóu beber á fonte do Parque.

A iauga está quente, puro caldo, pero ela non se dá conta porque o Cachorro dí, oie, Pila, imaxínate si viñéramos unha noite hasta aiquí con dez ou quince paquetes de deterxente, deixarllos cair no estanque da fonte ¿eh?, qué barullo de espuma se armaría, seguro que chegaba máis alá dos Salesianos.
 
-Non, home, non. Tanto, non.

-Pero tería gracia, ¿verdá?

-Sí, i ó día seguinte todos á cárcel.

Xa todo volve a ser igual, xa o silencio voa alto, alto, cando cruzan o Parque de San Lázaro camiño de Cardeal Quevedo."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.80

jueves, 18 de mayo de 2017

O ritmo do tacón

"Atravesan de novo a rúa do Paseo, calados, convertido o seu silencio nunha incomodidá inesperada, porque hai un pouco aínda o ritmo do tacón de Pila golpeando o pavimento de Galerías Centrales indicaba, sin duda, claras promesas de ledicia. Pero agora presentóuse iste silencio i ela sabe que é peligroso cando o Cachorro se cabrea, porque se alonxa i abre entre os dous unha distancia difícil de cruzar, por eso ela vai decir simplemente que ten moita sede."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.80

miércoles, 17 de mayo de 2017

Por ahí non

"Leva solta a longa melea loira caíndolle polos hombros.

 -Estás mui guapa.

Ela sorrí. Dílle: "Non señas parvo" e saen ó Paseo en dirección á Plaza Maior. Andan algunhos metros e de pronto o Cachorro dí dá a volta, por ahí non, cabréame pasar por esta rúa chea de terrazas, con toda esa xente mirando, como si fóramos monos, vamos, fíxate naquela tipa gorda que está sentada no Miño, aquela da chaqueta azul que nos está mirando, qué burra, cómo ensina as pernas."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 79

17 de maio de 2017, Día das Letras Galegas adicado este ano a Carlos Casares

martes, 16 de mayo de 2017

O ritmo da ledicia

"Saca o peine que leva no bolsillo traseiro dos vaqueros e pásao pola cabeza, de adiante pra atrás, duas ou tres veces. Despóis respira fondo, conscente do que fai, e diríxese á rúa pra subir por Curros Enríquez hasta o Parque de San Lázaro. Un grupo de xente espera na parada do autobús. Pero non lle merece a pena tomar ún, porque seguindo polo Paseo quedarán pouco máis de douscentos metros pra chegar a Galerías Centrales, onde ela estará agardando na porta, ás oito na porta de Galerías Centrales. Vea dende lonxe. Está mirando un escaparate, de espaldas á rúa, vestida ca bata blanca de luares, marcando o ritmo da ledicia co tacón do zapato dereito contra o chau."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 78-79

lunes, 15 de mayo de 2017

Pum

"O Cachorro corre cara a iauga, pega un salto, fai a carpa e
                                                                                                   pum
de cabeza. Bracea río adentro resbalando, sin chapotear apenas, rompéndoselle o sol en cachiños sobre a pel e sigue nadando.

 -Eh, que soilo temos tempo de chapuzarnos.

 Pero non oie a voz de alarma e desaparece deforme debaixo da iauga, culebrea, alónxase da beira e tarda en voltar porque o sol confúndese co aire e pensa que hoxe sería capaz de estar o día enteiro dentro do río."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 75

domingo, 14 de mayo de 2017

Na moto

"Saen correndo na moto, enfilan a carretera da Ponte Nova e torcen á dereita pra coller por Oira, segunda, cambio, xa en directa, qué gusto iste airiño fresco que dá na cara. A xente regresa da piscina pública, en coche, a pé, nos autobuses urbanos, a pé,  hala, bestia, hala, corre que...
           e non se oien as últimas palabras que deberon ser...

           que xa pararás. O aire infla a camisa, a camisa sóltase do pantalón e queda flotando ó vento. -Oie. -Qué? -Si non houbera xente íbamos á piscina. -¿Cómo? -Que ibamos á piscina. -Non, home, a estas horas está chea de xente.

  Tiran adiante, deixan atrás o desvío que leva á piscina e siguen despaciño porque empezan a mirar qué sitio será millor."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 73-74

sábado, 13 de mayo de 2017

Qué calo

"baixando as escaleiras, pousando as ferramentas no chau, sentándose á sombra, qué calo, qué ven viña arastoras un baño na piscina.

-Oie, Cachorro, ¿queres vir a Oira? Lévote na moto. Bañámonos e volvemos.

-É que non trouxen o traxe de baño. Si avisaras onte.

-Onte non facía tanto calor i ademáis quería colocar o lavabo do quinto esquerda, que era o último que me faltaba.

O Cachorro achégase i agora falan debaixo da planchada.

-Non importa, ho, seguimos pra alá do embalse e bañámonos en pelotas."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 73

viernes, 12 de mayo de 2017

Dentro dun buraco

"Mentras tanto, non poden amasar porque non hai auga e séntase a disfrutar un pouco desta sombra que fai un cachiño máis habitable esta cidá que no vrau se converte nun forno, que se volve insoportable, quén tería a ocurrencia de construir aquí un pobo, misterios que ninguén sabería esplicar: facer un pobo dentro dun buraco. Polo inverno cánsaste de néboa e no vrau abáfaste, qué barbaridá, qué calor, bendita seña a hora en que se derramóu a bomba."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 71-72

jueves, 11 de mayo de 2017

Ca bicicleta na mau

"Colle a bicicleta, pasa por didiante do Goberno Civil, torce á dereita, por enfrente do Instituto Nacional de Previsión, logo vira á esquerda, baixa pola Diagonal e métese na rúa do Xeneral Franco, antes chamada do Progreso. Entra no taller e dí "De parte do xefe si poden mandar pronto a un operario, que se derramóu o motor e non temos auga pra facer a masa". Respóndenlle "Agora mandamos ó mecánico" e il sai de novo, atópase co calor da rúa, sube por Capitán Eloy e torce pra coller polo Paseo, pero pensa que ó millor é dirección prohibida. Entón báixase didiante do Banco de España e ca bicicleta na mau sigue o seu camiño hasta chegar á obra."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70

miércoles, 10 de mayo de 2017

Iste monte de luces

"a crónica desta capital na que os mozos agora se dedican ás carreiras de coches, ó tenis, ó tiro con carabina, ós partys periodísticamente destacados, na casa dos señores de... 

  (...) De todos xeitos, inxusto sería xeneralizar, cando o núcleo central, é decir, iste monte de luces que dende eiquí se divisa non é, de feito representativo de todo un pobo que hai anos vai buscando sitio pola Rabaza, por Quintela, polo Pino, por Guizamonde, por Ervedelo, vai subindo, subindo, pra baixar logo cada mañá  a vender cerillas, a cargar e descargar camiós, a ofrecer lotería (monopolio de cegos) pola rúa, a transportar ladrillos, a cavar zanxas, a facer recados, a vixilar portales, a despachar mercancias nos comercios, a amasar cemento, máis auga, Cachorro, pronto."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70-71