Mostrando entradas con la etiqueta piñor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta piñor. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de mayo de 2016

Ás raparigas pimpantes

"O sol pousaba xa enriba de Piñor, cando regresei ó Ribeiriño. Non parei na casa, non tiña ganas de ver á Tina e ós convidados preparándose para saír ao baile. Seguín cara á Chabasqueira, pitándolle ós grupos de mozos ruidosos e asubiándolle ás raparigas pimpantes. A casa do interfecto ofrecía, en medio do bullicio festivo, un aire máis sinistro aínda do que é habitual nestes casos. (...)
 
  - ¿Era vostede amigo do defunto?
 
  - Si. Eu son Camilo Criado. Dirixo a Academia Corvelle, na que estudiou Maripi, a nena de Aquilino. (...)

  -¡Que raro! Os magnates, polo regular, gardan os fillos nos colexios de curas e monxas."
 
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.44


sábado, 26 de diciembre de 2015

O aguillón cravado

"Pepe Pallozas volvía ás andadas co seu estilo expeditivo e prometía unha nova tanda de vitorias. En titulares destacaba a súa solidariedade co Tigre Cameselle, que levaba varios días gardando cama no Cristal-Piñor logo de recibir unha tunda do Depredador no Barbarela, onde o convalecente acudira moi borracho para lembrar diante das amizades a suposta condición homosexual de Penide.

 Erguín a vista e posteriormente acendín un pito. Tiña ante min os ollos seculares, coa súa inmensa porción de universo azul. Miraban sen matar de todo, coma se fose a última vez que concentraran feixes de luz para min. Tiña o aguillón cravado onde non existen receitas para calmar as recaídas. Helena continuaba fulminándome a pupilazos. (...)

-Claro que podes, muller. Non esperaba verte -dixen pechando o xornal

-Xa. Por iso vés xustamente ao bar que está máis preto da miña casa-tiña certa sorna primeiriza o asunto. "

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.167-168

viernes, 24 de julio de 2015

Polo primeiro camiño que topou

"Aquel día sen saber por qué sentira unha necesidad impereosa de saír da casa, de pasear, de correr moito, soilo, libre polo campo, parecíalle que se afogaba, que non había aire na pobración, e médeo atafegado saíu de Ourense collendo polo primeiro camiño que topou diante de si.

  A penas deixou as derradeiras casas, parés que a súa escitación xa se calmou, que os seus boches respiraban máis libremente, e tranquilo camiñaba mirando con compracencia prás beiras da corredoira.

  Era esta a que vai a Piñor, e non tiña que envexar a ningunha no tocantes a fresca e fermosa."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.283)