Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.
Mostrando entradas con la etiqueta zarpa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta zarpa. Mostrar todas las entradas
viernes, 25 de enero de 2019
Saco e Arce XXVI
Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.
martes, 22 de enero de 2019
Saco e Arce XXIII
Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.
lunes, 14 de enero de 2019
Saco e Arce XV
domingo, 13 de enero de 2019
Saco e Arce XIV
Juan Saco Maureso. "Don Juan Antonio Saco y Arce. Vida y Obras". En Gramática Gallega por D. Juan A. Saco y Arce. (Presbítero. Catedrático en el Instituto de 2ª Enseñanza de Orense). 2ª edición. Gráficas Tanco. Orense (José Antonio-20), 1967.
jueves, 19 de mayo de 2016
Polo xornal
"-Da morte do Aquilino souben polo xornal.
Alongoume A Zarpa. Unha páxina enteira comentando o falso suicidio e anunciando progresos na investigación. Gumersindo Nespereira, un inspector moi competente, estaba ó cargo. De momento recomendábase á cidadanía que se abstivese de bebidas alcohólicas a granel, sen etiqueta, mentres non se retirasen da venda ó público as partidas adulteradas. O comisario despachárase a gusto. Coméralle o espacio ó correspondente da Merca e Vilardevós."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.57
martes, 10 de mayo de 2016
Os barrullantes do mostrador
"Dicíase polo barrio que sacaba un sobresoldo coas tenaces, despois dos enterros, cando o cemiterio ficaba solitario e os mortos indefensos.
Á volta, pasando por diante da tasca do Raposo, entroume a curiosidade acerca do raio dos licores. Parei e uninme ós barrullantes do mostrador.
-Posme unha copiña de herbas. ¿Non terás unha botella do Cachafeiro? Disque a facía moi ben. (...)
Algúns veciños encontrábano presumido, anque todos ponderaron o seu licor café e a súa augardente. Pedinlle tres botellas de cada, que me envolveu nun exemplar vello de A Zarpa, e deixei a discusión nese punto."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.46
sábado, 16 de abril de 2016
Aquí non se move unha palla
"Despedín á Tina, encomendándolle que pasase pola redacción de A Zarpa a comprobar en números vellos os goles marcados polo Saltón nas seis tempadas como titular do Club Deportivo Ourense. Axiña a chamaría eu con instruccións, segundo soprase o vento. Polo mes de Santiago aquí non se move unha palla, de maneira que o Tostao entendeu ben a que me refería."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.27
lunes, 11 de abril de 2016
Enroscado no cocho
"Peguei un brinco, porque no meu barrio a churreira pasa os domingos, e o último que lembraba era a velada dun martes infausto, no que me rondara e case me sorprende a morte empoleirado no alto da Ponte de don Luís. Non me acordaba de máis nada (...) Explicoume que era xoves, e non día de precepto como temera, levaba un día coa súa noite enroscado no cocho coma unha cobra aterecida. Os churros estaban pasados, trouxéraos a víspora dunha cafetería do Parque. Nun quiosco do centro mercara tamén o número de A Zarpa que estaba enriba da cama."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.25
lunes, 28 de marzo de 2016
De cazata
"O Maragato faime señas dende a porta do Café Canedo. A copa de augardente e o primeiro cigarro. Axiña. Antes que as amarguras da boca me coman a moral. Unha lavativa de gato para sacar a máis gorda e fóra, a tomar a parva e ver que conta ese barallante.
-¿Durmiches ben, Sindo?
-Non foi moito.
-¿E logo houbo troula? Polo visto fostes de cazata ó Vilar. Pono A Zarpa. (...)
-Trae acá A Zarpa, a ver que mentira di. Porque supoño que pasaron máis cousas no mundo que as agarradas co puterío."
-Trae acá A Zarpa, a ver que mentira di. Porque supoño que pasaron máis cousas no mundo que as agarradas co puterío."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 11
lunes, 10 de noviembre de 2014
Risco e a estatua do Padre Feijóo
Nunha das primeiras colaboracións de Vicente Risco para o diario La Zarpa, en outubro de 1921, o asunto elixido foi a estatua do Padre Feijoo
e particularmente o simbolismo que aos ollos de Risco tiña a súa
especial ubicación na cidade de Ourense. O monumento fora inaugurado en
1887 e viña a ser a homenaxe, un pouco tardía, con motivo do segundo
centenario do nacemento do polígrafo sen dúbida máis relevante que deu a
nosa provincia.
O texto está cheo de ironías ao máis puro estilo Risco. E non só iso,
proporciona unha interesante descrición da vida da época. Ninguén como
don Vicente para observar ese detalle que ao resto dos mortais se nos
escapa. Manteño a ortografía orixinal porque ademais penso que transmite
moi ben esa forma de falar que temos os ourensáns.
Ourense e o P. Feixóo
Aquela praziña leda e churrusqueira está antr'o Ourense novo y-o Ourense vello. Horto pechado aquil xardiniño, esí e todo, sentados no poyal, poden botar unha pausa os paisanos que veñen á vila, os traballadores nas horas de lecer, os probes nas horas que non son horas de pidir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
