Mostrando entradas con la etiqueta río miño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta río miño. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de octubre de 2018

Traidor

"Un año, el día de San Antonio, en una de las presas se hundió una barca donde pasaban su tarde libre un grupo de criadas. Se ahogaron casi todas, llevándose consigo al barquero, que era el único que sabía nadar. Aunque esta tragedia fue algo excepcional, lo cierto es que no hay temporada veraniega en la que no se ahoguen dos o tres bañistas, en más de un caso excelentes nadadores, porque, como suelen decir las madres para atemorizar a los hijos desobedientes, "el Miño es muy traidor"."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.23-24

martes, 23 de octubre de 2018

El fondo

"Las aguas del Miño son claras, cristalinas; aun en zonas bastante profundas, en muchos puntos dejan ver el fondo. Sólo en las imponentes riadas de comienzos de primavera y en las de las tormentas veraniegas toman un color arcilloso que, en primavera, suele durar varios días; en verano, raras veces pasa de las veinticuatro horas; después, como si quisieran resarcirse, se aclaran hasta un extremo inverosímil, que es una alegría para los ojos y una auténtica delicia para los abundantes bañistas, que pueden bucear a placer."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.23

lunes, 22 de octubre de 2018

El primer recuerdo

"Es probable que el padre quiera bañar al perro o, a lo mejor, van simplemente de paseo; no puede precisarlo; no puede precisar casi nada, porque éste es uno de sus primeros recuerdos -el padre, él, los dos hermanos, el perro, marchando todos por el coiñal-, el primer recuerdo del Miño, de cuando el Miño no era más que una línea azul, vagamente sinuosa, discurriendo dócil por el brillante mapa polícromo del Colegio, entre la invariable salmodia: "El Miño nace en Fuente Miña, provincia de Lugo, pasa por Lugo, Orense..."."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.21

domingo, 21 de octubre de 2018

Algunos domingos

"En el río grande no se bañaban más que algunos domingos, cuando iban en familia a comer o a merendar allí mismo, a la orilla del agua. Se bañaban en la pequeña presa del molino, donde el agua, clara, cristalina, les daba por la cintura. Allí, remedaban las aventuras de los hermanos mayores; las fabulosas aventuras en el ignoto, anhelado río Miño.

 Un día, al fin, fue con el padre hasta el Miño. Iban también los dos hermanos que le precedían en la larga formación familiar. Llevan un perro, un perro del padre, que también es cazador. Van por el coiñal, andando con dificultad sobre los cantos rodados."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág.21

sábado, 13 de octubre de 2018

Vai caladiño

"Río Miño,
vai caladiño
non me despertes
ó meu miniño"

Popular

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág. 15

sábado, 10 de marzo de 2018

O río navegable

"El sempre sospeitou que aquel castigo, do que nunca lle deron unha explicación satisfactoria, lle fora suxerido polo gobernador civil ó director como consecuencia dun artigo no que el se permitiu facer algúns comentarios irónicos, expostos dunha maneira enrevesada e cabalística, sobre un proxecto elaborado polo Delegado Provincial de Sindicatos que pretendía facer o río navegable. Ó día seguinte, o propio Teodoro Bugallo sacou unha nota firmada co seu nome e apelido na que eloxiaba aquel plan, do que estaba convencido de que se habían derivar algúns beneficios económicos importantes para a industria local, especialmente para a rama dos cortadores de madeira."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 171.

sábado, 17 de febrero de 2018

Unha luminaria encarnada

"El e Mariana pasaran aquela mesma mañá na horta. Baixaran ata o río coa intención de dar un paseo na barca, pero ó final pensaron que era tarde e decidiron volver ata o merendeiro. (...)

  Pola tarde, Mariana botouse a descansar na hamaca que lle colocaran no balcón. A temperatura era máis espesa que pola mañá, sen o alivio da brisa que antes de comer baixaba do monte, e por detrás do Pico do Mediodía víase unha luminaria encarnada no ceo que anunciaba a calor do día seguinte."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 122-123.

jueves, 4 de enero de 2018

Queixas e salaios

"Aquel día pensou no futuro como unha desgracia. Imaxionouse a si mesmo sentado nunha esquina do salón daquela casa, cun libro nas mans, contemplando o río pola ventá e escoitando as queixas e os salaios dunha muller enferma, pechada na escuridade dunha alcoba de contras entornadas. Era unha imaxe ben distinta daquelas outras que tantas veces o fixeran feliz pensando na algarabía rebuldeira dos nenos correndo polas habitacións ou na euforia dos días de verán pasados á beira do río, no campo de Barreiros, despois dunha véspera chea de gozo (...). Foi entón cando el lle confesou en voz baixa que unha tarde de xullo de había xa bastante tempo, o mesmo día que Mariana cumpría quince anos, xogando con ela na adega da Casa Grande do Miño, enterrados de medio corpo no centeo da tulla, despois de pinchárense un ó outro cun alfinete, xuntaran os dedos e fixeran un pacto de sangue: non tocar nunca un o corpo do outro, nin sequera unha man, ata que apartados e sós un día na alcoba, foran un para o outro, enteiros e para sempre."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul.Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx.60-61.

lunes, 18 de diciembre de 2017

A boca do inferno

"Mirando para a escuridade tenebrosa do río, onde hai séculos que un grupo de violentos cabaleiros feudais afogaron a un bispo, dixo que de pequeno, cada vez que na casa falaban daquel episodio relacionado co Pozo Maimón, el imaxinaba que aquela tiña que ser a boca do inferno e que por debaixo da cor moura das augas era posible ver o demo no fondo dirixindo os tormentos dos condenados. Moito tempo despois, canda leu a historia dos postillóns do Padre Feixoo, aquel lonxano recordo infantil acabouse agregando tamén ó conxunto da novela."

Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul. Ed. Galaxia, colección literaria, nº 138. 1ª edición, Vigo, 1996. Páx. 44-45.

miércoles, 26 de octubre de 2016

Os coiñais da ribeira

"O avogado vivira en General Aranda -conforme dicía o papeliño co enderezo que me entregara a súa secretaria xunto coas chaves-, e iso obrigábame a cruzar o río. Fíxeno pola Ponte Nova e, se puidesen circular os turismos, meteríame polo Viaducto. O caso era pasar o máis lonxe posible do Ribeiriño. Con todo, non puiden evitar unha ollada de esguello cara ó leste. Por fortuna, o Miño fai unha reviravolta á altura da Ponte Vella, e non se divisaban os meus arrabaldos.

  A General Aranda, ou sexa á rúa do Cuartel, non a pararon de todo os constructores. Ficaban varias casiñas con hortas que baixaban ata os coiñais da ribeira. Onde empata con Rosalía de Castro, comezaron a erguerse os rañaceos, uns armatostes de edificios, de catro ou cinco andares, rematados en terraza. Ese detalle diferenciábaos doutros bloques do barrio, nos que, a falta de tendal no tellado, ondeaba a roupa en corredores e xanelas."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.141-142

jueves, 20 de octubre de 2016

Unha casarella herdada

"Neste tipo de estradas, o que circula pola banda do monte, especialmente se vai encaramado nun armatoste grande, non se compadece dos que corren bordeando o precipicio. Ós dez minutos, a cinta asfáltica desvíase da beira, deixando sitio para as aldeas que mollan os pés no río. Nunha desas aldeas posuían as Luisiñañas unha casarella herdada da familia. Dei co sitio facilmente, preguntando nunha carnicería pegada ó apaeadeiro do tren. Alomenos os lugares da parroquia de San Miguel de Melias tiñan un punto a favor: as corredoriras estaban acementadas."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.133

miércoles, 19 de octubre de 2016

Estreita e arrevesada

"Anque espesaba a brétema, a medida que rodaba a tarde, arrisqueime a guiar pola estrada de Barra de Miño. Dende que se pasa por baixo do arco do Viaducto, ata as piscinas de Oira, a ruta é agradable. Corres paralelo ó río, pero a unha distancia tranquilizadora. Rebasado o encoro, de aí a Ribela, a estrada, estreita e arrevesada, cínguese ó Miño. Nun día neboento, o bafo, a respiración do río, confunde o chapapote, clareado pola area e o uso, coa superficie grisalla da auga. Paseino mal. Conducín a gustiño, rezando para non tropezar cun camión ou un coche de liña en sentido contrario."


Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.133

domingo, 16 de octubre de 2016

Máis de peixes que de aves

"No Couto coñecía só ó farmacéutico e ó Chinto. Descartei ó primeiro, porque era máis de peixes que de aves. Home familiar, co único vicio das troitas, non podía estar ó tanto do voo das Luisiñas. O Chinto fora tamén pesco -tivera posto de anguías á beira do río, antes de que ergueran os encoros e despoboasen o Miño-, pero na actualidade sostiña a familia numerosa  con chapuzas na construcción. Dúas circunstancias me inclinaban a sospeitar que coñecese ás mulleres."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.129

lunes, 3 de octubre de 2016

Coma un boi sen capar

"Precisamente andaba dun humor endiañado. Un asunto doméstico insignificante provocara unha rifa coa muller. Despois da liorta, Tina foi pasear pola beira do río para tranquilizarse. Iso pensaba eu pero, segundo me contou logo, a piques estivera de guindarse á auga. Por certo que, nesa época, o Miño baixaba medrado, bruando coma un boi sen capar. Os meses de decembro e xaneiro chovera sen pausa, e os barrios baixo da cidade vianse alagados pola enchente."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.117

martes, 24 de mayo de 2016

Un diccionario

"Merquei un diccionario de alemán na librería Tanco, pequeniño porque tiña pensado tasar as falas, e despois guiei o coche cara a outra banda do río. Razóns tiña para temer o rebumbio da viaxe. (...)

  Marchei só á estación e alí, na sala de espera, puiden reflexionar un chisco na encomenda que tiña por diante. Contaba coa descrión que me fixera o Barros para identificar ó correo.  Estaba impaciente por botarlle un vistazo antes de subir ó tren, evitando así un recoñecemento xeral dos vagóns que puidese alarmalo. En lugar de pasear todo o longo da plataforma, situieme ó pé dos retretes cun exemplar do Caso..."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.61

viernes, 13 de mayo de 2016

O sangue nas veas da cidade

"Desta banda do río non se apreciaban os estragos da festa da víspora, nin había o ambiente dos preparativos para a celebración do segundo día, en realidade unha semana enteira, que afanaban ós veciños dos barrios do Norte. Aquí transcorría unha xornada laborable normal, co trafego dos repartidores de mercadorías, o escrutinio dos escaparates polas amas de casa, e a sombra dos guindastros da consturucción proxectándose nas rúas.

  A Academia Criado estaba en Santo Domingo, chegando xa á Praza do Ferro. Demoreime un pedazo pasmando entre os transeuntes, disfrutando co espectáculo das xentes laboriosas, que aproveitaban o impulso mañanceiro para facer circular o sangue nas veas da cidade."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.49

viernes, 6 de mayo de 2016

Un fin máis triste

"Non podía imaxinarme un fin máis triste. Era preferible guindarse ó río e deixarse engulir polos remuíños, antes de acabar na morgue conxelado coma unha pescada. Aturando con traballo o engulo, regresei polo coche, agora sen a posibilidade de confortarme cun coñá nos bares que pasaba, porque a nova do metílico me pechara a boca do estómago. De feito, fiquei abrindo a boca para un cego que vendía lotería arrimado a unha esquina, e só me tranquilicei así que lle vin a cara marcada de vexigas e souben que non fora o matute quen lle apagara os ollos."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.43-44

domingo, 17 de abril de 2016

O moi conán

"E non sei tampouco como lles sentará ós xefes de Madrid o conto, se llo meteron no cu. Prohomes de Ourense, país irmán que precisa soldados para que os pretos non se manden mudar e Portugal non fique pequenito. ¡Ca, mal asunto!

  -Pero a vostede non lle vai nin lle vén. ¿Que quere? ¿Diñeiro?

  -Quero que o Ourense suba a segunda dunha vez, e con presidentes coma vostede... ¿Sabe por que o convidei precisamente aquí? Olle o río, esa auga escura. É o pozo Maimón, onde veñen parar e saen á cima os afogados. Todos os veráns dous ou tres bañeses afogan no río e terminan aquí o solago. ¿Comprende?

  O Tostão ergueuse e deixoume sen dicir palabra. Nin sequera pagou o xantar, o moi conán."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.28

martes, 12 de abril de 2016

La fuga

"El detenido agredió a los agentes, arrebatándoles un arma con la que hizo fuego varias veces mientras emprendía la fuga por la ribera del Miño, detrás del Colegio de los Salesianos. Los policías repelieron la agresión, entablándose un tiroteo en el que el prófugo resultó muerto."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.25-26

martes, 1 de septiembre de 2015

Lambendo os coiñais

"Cando saíu de alí, pestanexaban algunhas estrelas no limpo ceo, a lúa clarexaba o cume da montaña, e de lonxe chegaban rouseos de carros, queixumes dos pinos, cantos de ras e apagados ecos do Miño lambendo os coiñais."

Francisco Álvarez de Nóvoa, "Redimido", Pé das Burgas, 1896. (Desta edición, Biblioteca de La Voz de Galicia, 2002) páx.116