Mostrando entradas con la etiqueta risco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta risco. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de abril de 2015

Sen cidades non hai futuro

"Consciente da significación  da cidade e do progreso: "Sen cidades non hai futuro, nelas é ondese proxectan os grandes problemas", na grande urbe terá facilidade para desenvolver as súas inclinacións sexuais.  Imaxinemos como sería a vida do noso escritor de vivir en Ourense, abafado polo provincialismo reaccionario, baixo o maxisterio de Vicente Risco e máis tarde, probablemente de Ramón Piñeiro. Nunca chegaría a escribir as novelas coas que hoxe gozamos.

  Na obra narrativa de Blanco Amor non encontramos a mística telúrica do maxisterio risquiano nin tampouco a influencia ideolóxica piñeirista que modelou a literatura das seguintes xeracións.

  Os heroes e heroínas das novelas do noso autor, as que representan a conciencia ética, son a clase obrerira e mesmo o lumpen dos arrabaldos cidadáns. Loita contra o mito, a manipulación e a mentira. Non hai espiritualidade, nin sentimento de terra."

Mª Xosé Queizán, A boneca de Blanco Amor, ed. Galaxia, Vigo, 2014, páx.142

lunes, 10 de noviembre de 2014

Risco e a estatua do Padre Feijóo


Nunha das primeiras colaboracións de Vicente Risco para o diario La Zarpa, en outubro de 1921, o asunto elixido foi a estatua do Padre Feijoo e particularmente o simbolismo que aos ollos de Risco tiña a súa especial ubicación na cidade de Ourense. O monumento fora inaugurado en 1887 e viña a ser a homenaxe, un pouco tardía, con motivo do segundo centenario do nacemento do polígrafo sen dúbida máis relevante que deu a nosa provincia.
O texto está cheo de ironías ao máis puro estilo Risco. E non só iso, proporciona unha interesante descrición da vida da época. Ninguén como don Vicente para observar ese detalle que ao resto dos mortais se nos escapa. Manteño a ortografía orixinal porque ademais penso que transmite moi ben esa forma de falar que temos os ourensáns.
Ourense e o P. Feixóo
Aquela praziña leda e churrusqueira está antr'o Ourense novo y-o Ourense vello. Horto pechado aquil xardiniño, esí e todo, sentados no poyal, poden botar unha pausa os paisanos que veñen á vila, os traballadores nas horas de lecer, os probes nas horas que non son horas de pidir.

domingo, 29 de diciembre de 2013

Praza do Ferro


                                                "A praza do Ferro
Manuel Vidal
é a encrucillada
das letras galegas,
onde resoa o manacial
incesante do verbo
de Otero Pedrayo.

Está habitada polas sombras
do paso de Vicente Risco,
que acode co seu paraugas,
e cúspelle á vida,
ó arrecendo
de esencias orientais.


Marca o permanente tránsito
de López Cuevillas, Xocas
e Eduardo Blanco Amor.

José Ángel Valente
vai á procura
de Augas Quentes."

Xosé Manuel del Caño, poema inédito, 2000
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001)