Mostrando entradas con la etiqueta lagunas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lagunas. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de mayo de 2016

O mapa no peto

"Non me tiña pinta a Maripi de motorista, anque si de moitas outras cousas. Supuxen que viñera no asento de atrás, apertada a un xinete deses que gustan do escándalo e de que a máquina zoe coma un enxame de abesouros. Interesábame, nese momento, por un plano da cidade que o Aquilino gardaba na carpeta dos recibos. Estaban marcados con cruces numerosos puntos, concentrados case todos nos barrios populares: O Couto, a Carballeira, As Lagunas, San Francisco, ademais da Ponte e o Pino. Metín o mapa no peto e saín ó patín da casa."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.52

jueves, 5 de mayo de 2016

Camiño á morgue

"Ingresaran o cadáver no hospital e alí mesmo lle fixeran a autopsia. Por seguir remoendo no asunto e tamén por mollar a palabra -acababa de acordarme de que non tomara a copa de Soberano co café, para festexar o Patrón-, foi polo que deixei o coche aparcado e me dirixín a pé ás Lagunas. Bebín e non  perdoei a faria nun bar de Cardenal Quevedo, de camiño á morgue. Preguntei polo galeno e introducíronme nunha sala que alcatreaba a desinfectante. Alí choquei a man dun señor de canas e olleiras cor bagazao. Retireina cun chisco de apuro, e el notouno."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.41-42

jueves, 17 de julio de 2014

Pouco máis que pendello

“e quedáranse no pobo facendo o que podían (vivían nunha cachoupa, pouco máis que pendello, perto das Lagoas), il cobraba os billetes no "ríper"que ía á estación (a gorra de galóns)  e acarrexaba os caixóns das mostras dos viaxantes cataláns, nun carretillo do Hotel París”
              
   Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 58, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).

sábado, 14 de diciembre de 2013

"La Pelana"

"Los hechos ocurrieron así: popularmente se conocía a la Pelana, propietaria de la casa de lenocinio más lujosa de Auria (...)

En los últimos tiempos su palidez se había extremado en pocas semanas, hasta adquirir un tinte amarillento, como pajizo, y sus ojos se habían ido hundiendo tras unas ojeras papudas y salientes, como de borracha. El rumor de que una grave enfermedad la minaba se hizo certidumbre cuando la criada del médico Corona dijo, en el lavadero público de las Burgas, que "la Pelana tenía un cáncer abajo.