Mostrando entradas con la etiqueta capitán_eloy. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta capitán_eloy. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de noviembre de 2021

Rifas en el sorteo

 "...descendieron por Capitán Eloy, "ver cómo desaparecen los amigos de todos los días cuando uno tiene ochenta y dos años, obliga a pensar que tú también llevas rifas en el sorteo", el viejo sonrió con desdén, "sin embargo, usted tiene el apoyo de su esposa, no está tan solo como ellos", "eso es un decir; fíjese en Tejada; vivía con sus hijos y en cuanto se ausentaron unos días, entra el asesino en casa y lo estrangula"..."

José María Pérez Álvarez, Las estaciones de la muerte. Duen de Bux, Ourense, 2008. Pág.123.

jueves, 11 de mayo de 2017

Ca bicicleta na mau

"Colle a bicicleta, pasa por didiante do Goberno Civil, torce á dereita, por enfrente do Instituto Nacional de Previsión, logo vira á esquerda, baixa pola Diagonal e métese na rúa do Xeneral Franco, antes chamada do Progreso. Entra no taller e dí "De parte do xefe si poden mandar pronto a un operario, que se derramóu o motor e non temos auga pra facer a masa". Respóndenlle "Agora mandamos ó mecánico" e il sai de novo, atópase co calor da rúa, sube por Capitán Eloy e torce pra coller polo Paseo, pero pensa que ó millor é dirección prohibida. Entón báixase didiante do Banco de España e ca bicicleta na mau sigue o seu camiño hasta chegar á obra."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70

lunes, 8 de mayo de 2017

Sal- tar

"con garantías de abondo de que nunca máis volvería a
                               bicar unha rapaza
                                 debaixo da plataforma dos cabaliños
                               baterlle a un alias compañeiro
                               escapar prás Covas
                               atopar unha pistola
                               ter arte e parte nun recuncho do perió-
                               dico reservado ós sucesos cotidianos
                               por culpa dun disparo

                               b
                                 a
                                    i
                                      x
                                         a
                                            r
                 
                               por Capitán Eloy
                               seguir pola rúa do Progreso
                               chegar as dependencias do club de tenis
                               espiar dende o carballo chamado dos espías


                               sal-

                                         tar"

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 63-64

martes, 2 de mayo de 2017

Sol adiante

"... queda mirando ó chau, mentras escoita
unha voz afiada que lle dí
veña, home, a ver, cómo foi o das redes,
correndo, colleu pola rúa do Paseo, descendeu pola costa do Capitán Eloy, torceu á mau esquerda, esperóu que o garda lle dira o pase no cruce de peatós, atravesóu a rúa, seguíu pola acera deretia da rúa do Progreso sol adiante, co sudor recordándolle a presencia do vrau sobre a frente, paróuse a contemplar os coches eléctricos na Alameda e pensóu que tiña que agardar, era mui cedo."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 46-47

jueves, 27 de octubre de 2016

Pan bregado

"Sen saír do barrio, deambulei polas rúas, tomando o sol de inverno, ata que me doeu a cabeza. Daquela entrei nunha panadería e merquei pan bregado. Era branquísimo e insípido. Sóubome a gloria, a feiras de antes con charlatáns e augadores; a regalo do meu avó, que baixaba á cidade cun cacique para termarlle da besta mentres botaba a partida na praza da Barreira, e que nunca se esquecía de levarme un cornecho. Molleino en café con leite nunha cafetería da rúa Queipo de Llano, na que piaban os alumnos de Mestría Industrial, que saían do 12 de Outubro.

  -(...) Hai un individuo nun coche esperándome no portal. (...)

  - Non abra ata que eu lle ensine a pata por baixo da porta. ¿Onde vive?

  -En Capitán Eloy, o pé do cine Xesteira.

  -En cinco minutos estou aí.

  Nunha rúa céntrica era pouco verosímil un atentado, quizáis a secretaria vía visións coa cagana. (...) Deixei o coche montado na beirarrúa de Santo Domingo, e regresei ó cruce para guichar dende a esquina. Botei a andar rúa abaixo, endeica ó cine. Examinei a carteleira á torta e á dereita. A película da semana titulábase El Dorado, e os carteis mostraban a un actor novo empuñando unha pistola rara..."

Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.142-143

lunes, 30 de noviembre de 2015

Concentración silenciosa

"-Hai unha concentración silenciosa de apoio aos presos na Praza das Flores. Se queres que vaiamos, estamos a tempo.

  -Non. Irei eu só. Ti quedas na casa. (...)

  Separámonos na intersección entre Ervedelo e Xoán XXIII. Subín por Capitán Eloy -¡presente!- e alí estaba o vello, á altura do Xesteira, rodeado dun batallón de xornalistas. Os rapaces que ían camiño da Praza das Flores, mochila ao lombo, mirábano con fame atrasada."

Diego Ameixeiras, Baixo mínimos, ed. Xerais, xuño, 2004, páx.113-114