Sabede que chegou
o tempo de deixa-la alada Auria
polas lectivas luces infindas
dunha cándida e sacra Compostela.
Houbo que deixar, si,
o fol do Miño, as harpas do Barbaña,
os xaropes das Burgas acendidas
e o Cristo fiel das pontes e das videiras.
Houbo que abandonar
o Montealegre grácil das castañas,
os eidos de Pedrayo e máis Cuevillas,
as solainas de Risco e Xocas rexas.
Alí quedou, meu Deus,
na catedral de Blanco Amor calada
unha época de cantos e risas
da que me acordo só con compracencia.
Xosé Carlos Gómez Alfaro, Pasos cara á alba, Santiago, ed. Follas Novas, 2000
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 122)
No hay comentarios:
Publicar un comentario