Mostrando entradas con la etiqueta guizamonde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guizamonde. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de mayo de 2017

Iste monte de luces

"a crónica desta capital na que os mozos agora se dedican ás carreiras de coches, ó tenis, ó tiro con carabina, ós partys periodísticamente destacados, na casa dos señores de... 

  (...) De todos xeitos, inxusto sería xeneralizar, cando o núcleo central, é decir, iste monte de luces que dende eiquí se divisa non é, de feito representativo de todo un pobo que hai anos vai buscando sitio pola Rabaza, por Quintela, polo Pino, por Guizamonde, por Ervedelo, vai subindo, subindo, pra baixar logo cada mañá  a vender cerillas, a cargar e descargar camiós, a ofrecer lotería (monopolio de cegos) pola rúa, a transportar ladrillos, a cavar zanxas, a facer recados, a vixilar portales, a despachar mercancias nos comercios, a amasar cemento, máis auga, Cachorro, pronto."

Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70-71

martes, 5 de abril de 2016

Un enxame de rapaces que axiña zunía

" Fixera un traballo excelente. Coma se lle cortase a lingua. Xa podía caerme polas rúas dos viños e tomar o taco das once. En lugar diso, sabe Deus por que, volvín polo fotingo e, coa ficha do detido na faldriqueira, arranquei cara á Ponte. Na cima do Vinteún pensei en virar e volver ó rego, pero amolábame a confianza do badoco nos Citranos e Menganos  que o respaldaban, así que seguín o indicador de Guizamonde e conducín ata as choupanas de Wichita. Nas rúas estreitas, por entre as casas escalazadas, inzaban os rapaces. Un enxame de rapaces que axiña zunía arredor do meu Delfín."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 16