Mostrando entradas con la etiqueta castelo_ramiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castelo_ramiro. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de mayo de 2020

Sereno, arruinado pola asma (XI)

Aquí está Ederonio, Don Lorenzo, Santiago o Maior, San Facundo e Atico, Antonio Pío, Décimo Junio Bruto, Simphosio, Idacio, Alepio, Remismundo, Carriarico e fillo, Witimiro, Abdelaciz sen Muza, Martín de Tours e o outro Dumiense, A Saga dos Afonso, o Abade Franquila, San Rosendo e Mamá Ilduara, Gudroed o Normando, Almanzor, García I, Doña Teresa, O Conde de Traba, Diego Velasco, Alfonso X o Sabio, Don Sancho o Rebelde, Pedro Yáñez de Nóvoa, Gonzalo Daza e os seus sucesores, Vasco Pérez Mariño, Pérez Viedma, Pascual García, os defensores de Castelo Ramiro, o cociñeiro tamén e os meus veciños do Salto do Can, antigo e poderoso. O Duque de Lancaster, e Sir Percy, Juan de Nóvoa, Álvarez Osorio, Tomás de Lemos, Francisco Moure refacendo a imaxe da Siñora Bianca, O Bispo Quevedo proclamando reacción, os mariscais franceses Soult e Ney e tamén os seus cans...

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 32-33.

sábado, 25 de julio de 2015

O curuto onde noutro tempo

"El seguía, seguía camiñando; deixou atrás o curuto onde noutro tempo se erguía Castel-Ramiro, non sin recordar as súas medorentas lendas, persinouse ante a ermdia do San Benito que nel esiste, e a penas sí se foixou nas antígoas dependenzas do castelo, convertidas hoxe en quinta de recreo, na cal fan contraste cos seus negros murallós as feiticeiras risas que se ouvían de trouleadoras nenas e a presencia de dúas garridas mozas, cuia fermosura lle fixo volver a cabeza atrás dúas ou tres veces, e pronto ó deixar tras si as últemas csasas do pobo de Cabeza de Vaca, topouse soilo naquel val en miniatura, naquela veiga frolida onde a natureza campaba por si soila."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.283-284)

viernes, 3 de julio de 2015

Unha colunia de negro fume

"Ó outro día os asustados labregos perguntábanse unhos ós outros o que aquela noite pasara.
Do castelo soilo había un montón de ruínas e do medio do río erguíase unha colunia de negro fume.

  O pobo deulle a tal síteo o nome do Puzo do Inferno.

  Despois puxeron este rústeco cruceiro que indo pró Polvorín está aínda entre o puzo da Sila e do Inferno, e cando nas tardiñas de vran, doces e sereas andan os rapaciños que se van a bañar en porranchiño ó pé do cruceiro, non falta vella que diga e asegure que por máis que outra cousa pareza, son anxeliños que manda a Sila pra pedir por D. Alonso."
Heraclio Pérez Placer,("O puzo do inferno") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.218-219)

martes, 30 de junio de 2015

Despois todo quedou en silencio

"Os cortinaxes do leito de D. Alonso acabáronse de correr, e arregrando as cabeceiras dispúñase a durmir, cando sonou un trono horribre que fixo retembrar o castelo nos seus cimentos, ó mesmo tempo que un raio raxando en mil anacos a ventana, deixaba penetrar raxa de vento que cal touro, entrou apagando a lus e derribando muebres.

  Despois todo quedou en silencio. Pola esnaquizada ventana comenzaron a entrar longas anguías de fogo que brincando e retorcéndose corrían polo leito e as paredes, e enxordecendo cos seus berros entrou bandada de corvos e noitébregas curuxas."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo do inferno") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.214)

lunes, 29 de junio de 2015

Todo era silencio

"Deron as nove; as campás do convento tocaron lugubremente, apagáronse as luces, pecháronse as portas, e pouco dempois na vila de Ourense, non se ouvía máis ruído que o da chuvia, interrumpido de vez en cando polo brando e agarimoso falar dos noivos que se arrulan cal pombiñas.

  No castelo de Castel-Ramiro todo era silencio. Faguía pouco que as enfurruxadas cadeas renxeran erguendo o ponte levadizo, e que as altas porternas se pecharon queixosamente.

  Tódolos seus habitantes estaban retirados, non sendo os vixías que nas altas torres, apreguidos co frío e trembeleando co medo, estaban enguruñados nun rincón."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo do inferno") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.213)

sábado, 27 de junio de 2015

E correndo, correndo

"E correndo, correndo cos pelos desguedellados de penedo en penedo, de laxa en laxa, chegou donde o río, facendo un remanso era máis fondo, mirou ó ceo, despois á casa donde dormía o paiciño, e mostrando os puños ó castelo, lanzouse na corrente do desbordado río, ó mesmo tempo que un raio desfaguía o ceo e un trono abouxaba o mundo!...

  Ó outro día levantouse o tío Liborio e asomouse á ventana que dá sobre o río. Levou as maus ós ollos e riuse... volveu a mirar, e volveuse rir. "Seica sono", dixo... Ai! non soñaba, non, o probe vello; o que viu era o corpo da súa Sila, que fluctuaba no río baixo a ventana..."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo da Sila") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.211)

lunes, 22 de junio de 2015

Atuada algunha pedra

"Hoxe do seu castelo nin cimentos quedan; solo de vez en cando atópase atuada algunha pedra, pero o pobo sempre fel conservador das súas tradiciós, dalle o nome de "Castelo" onde este se erguía antes altivo e argulloso.

Contra soberba, humildá.

Agora onde antes se erguía a guarida da soberba, na faldra daquel monte, facendo contraste, levántase unha ermida humilde a un santiño católico, o San Benito milagroso, onde as rapazas da Burga van tódolos anos esparexer as pernas e darlle un verde ós ollos naquela carballeira, onde garridos mozos se encargan de lle quitar o tangaraño, alí entre os érbedos ás mociñas que o teñan. Pero sigamos a nosa historia.

Como dixen antes, no cima do outeiro había un garrido e altivo castelo."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo da Sila") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.203) Nota a pé de páxina que recolle este fragmento do conto, omitido na versión do libro, pero publicado inicialmente en O tío Marcos da Portela parrafeo 145, 12 de setembro de 1886,  páxs.1-4.

domingo, 21 de junio de 2015

Un fato de malas casas

"Xa fai moito tempo que foi; a vila de Ourense, inda non era máis que un fato de malas casas, suxeto sempre  ás arbitrariedades dos condes de Lemus e Monterrei, e máis dunha vez sirviu de loita intestina entre estos dous sustentadores do despotismo e a tiranía. Entre os varios castelos daqueles señores que cheos de fárragos e pergamíos exercían sobre do pobo toda caste de abusos, contábase o conde de "Castel-Ramiro".

  Os donos dil tiñan un solo fillo chamado D. Alonso, en quen fiaban toda a súa espranza de que había de seguir honrando o seu nobre linaxe, como lle correspondía a un fillo dun conde, tan conde, como o de Castel-Ramiro."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo da Sila") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.203)

lunes, 11 de mayo de 2015