Mostrando entradas con la etiqueta gudiña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gudiña. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de mayo de 2021

Estensas lonxanías

 "Un día -non fai moitos meses- Manoliño saíu de caza co José do Ramiro. (...)

Era unha tarde crara, nidia, de febreiro. Nunca até alí tiña reparado nas estensas lonxanías, nin atinguido a grandura do municipio, nin visto dunha soia ollada as terras particulares de Vilardebós, nin descuberto aos seus pes a fermosura do pobo. Afundíu a vista no horizonte e foi xirando os seus ollos en panorámicas concéntricas. E víu, pola banda Oeste, a serra do Larouco, o alto das Estivadas, o castelo de Monterrei e o val de Chaves. Polo Noroeste e polo Norte, a serra de San Mamede, de grandes neves; a do Invernadeiro, de moitas corzas; os montes de Agudiña, de abondosa caza; as Portelas de Padornelo e Canda, dos boletíns metereolóxicos; as terras da Mezquita, onde nacéu Augusto Assia. Máis acá, as Ventas da Barreira e Riós, lugares onde se criaron Romero Cerdeiriña e García Portela, parentes de Manoliño. Polo Este, amontóanse lombeiros portugueses, dos Distritos de Braganza e Vila Real. E polo Sur, érguese o Marco da Cota, onde remata Hespaña, coma xa se sinalóu."

Silvio Santiago. Villardevós, Ed. Galaxia. Biblioteca Básica da Cultura Galega,  nº 40; 1982. Páx. 188-189.

sábado, 13 de abril de 2019

1155

"O gaiteiro d´a Gudiña
 e mai-lo de Martiñán,
andan en preito c´o vento,
non sei si o vencerán."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 159

miércoles, 10 de abril de 2019

1151

"O pasar a cruz de Ferro,
A Gudiña ben-a sei;
agora xa me van dando
airiños de Monterrei."

Literatura Popular de Galicia: colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos. Orense, 1881. (Deputación Provincial de Ourense, 1987). Recollidos por D. Juan Antonio Saco y Arce. páx. 158

sábado, 20 de octubre de 2018

Truchas aún vivas

"Y el Miño se confundía en sus sueños con todos los ríos maravillosos en los que el padre pescaba los domingos, en remotísimos lugares cuyos nombres se cernían como un arco iris sobre su asombro: ¡Casares, La Arnoya, La Gudiña, Puebla de Sanabria, Casayo...!; los ríos que palpitaban emocionadamente en la tina de zinc del fregadero, en la cocina de la vieja casa, cuando el padre llegaba de sus pescatas y les traía truchas aún vivas."

Julio López Cid. El Río. Duen de Bux, Ourense,  2008. Pág. 17

lunes, 4 de abril de 2016

¡lume no cano!

"-Eu estou cómodo na miña talla. Presume de amizades se queres, pero un sapo no piso dezasete da Torre segue sendo un sapo. De maneira que paraches na Gudiña e envorcaches a carrada. Velaí teñen Francia, ¿viron que prontiño chegamos? ¡Como anda o Barreiros! Agora paguen a segunda entrega e sorte. Nesas, unha parella de gardas dávos o alto. Ti e mailos portugueses azancoades pola restreba, e os cereixeiros ¡lume no cano! como na televisión."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 16

domingo, 3 de abril de 2016

¡Hai que ser torda!

" -¿Pero con quen vas conversar mellor que comigo? Son moi afeccionado ó mundo do motor. ¿Falamos da freada baixando as Estivadas, ou quizais dun tema máis culto? ¿Que tal andas en xeografía? Seguro que un neno bonito coma ti foi moito á escola. Ensináronche por onde queda Francia, ¿va que si? Niso confiaban os portugueses, e resulta que confundes a Gudiña con Hendaia. ¡Hai que ser torda!"

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 15

sábado, 27 de febrero de 2016

O edificio

"Mais o azar conduciunos a Terras Frías antes de chegar ao seu destino e, transitando por san Xoán de Barxa para alcanzar o inevitábel porto de montaña de A Gudiña, observaron ao pé do camiño unha sólida e enorme casa que, mirando desde un lado do río, se asentaba do outro a pé de camiño.

  O edifico chamaba sen dúbida a atención."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.163

jueves, 4 de septiembre de 2014

"Isto non é máis que un corral de vacas"

"El Vértigo durou dous anos, que todos o líamos i escachabamos a rir, i eso que custaba un can e os outros boletíns a cadela, até que voltou a ser ministro Nugallá, e fodeulle o periódico, e fodeulle o traballo na fundición de Malingre, onde era modelista; e o novo gobernador desterrouno por un ano, pra a Gudiña, e il mandoulle decir que se desterraba por catro, e voltou coa muller -que era daquelas partes- pra Baracaldo, qué lástima;

 e ao coller o tren na estación, cheia de correlixionarios e veciños, botou un discurso dende o estribo, e dixo que se ía de A. porque "toda a súa mocedade nacera pra a escravitude", "que as mulleres dábanlle a beber aos seus homes auga bendita, que xa saía bendita da Fonte do Bispo", e que, a fin de contas, A. "non era máis que un corral de vacas". E quedoulle. Aínda hoxe, cando a un lle amola algo que pasa na cidade, tanto que toque no propio de un ou nos negocios do pobo, todos decimos "isto non é máis que un corral de vacas".

Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 143-144, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA).