Mostrando entradas con la etiqueta paans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta paans. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de marzo de 2016

"Aromas de la ciudad de Ourense"



 Las casas abrieron sus ventanas para verte
cuando mis retinas recibían la luz de tus ojos.
El invierno agotaba su manto de muerte
y los edificios renacían de atardeceres rojos.
Sentí tus calles como la ignición del alma:
la primavera impregnaba el olor de la urbe.

Recorrí tu piel barnizada de asfalto:
contemple desde el centro mismo tu verdor.
Al este, antenas hincadas simulaban basalto
caprichoso, repitiendo ociosas el estertor
de las voces de los hombres en calma
que reposan sin que el tráfico los perturbe.

Al sur se oían los salmos monásticos:
sirenas frenéticas interpretando ritmos
iluminadas por semáforos drásticos.
Me alargué haciendo de mi tiempo algoritmos,
transitando por avenidas llenas de vacíos
y ausentes que se rememoran a veces.

Entonces soñé tu boca abrirse como un río
arrastrando mis palabras como peces
que comunicaban las dos orillas de la ciudad
y tus esquinas fueron refugio de mis labios.

Miguel Mosquera Paans

Poema facilitado polo seu propio autor, que celebra o "parrafeo" número novecentos deste blog, ao tempo que cantamos a chegada da primavera a Auria.
Poema Finalista  do Certamen Anual de Literatura Internacional Latin American Intercultural Alliance (LAIA),  2013 Nueva York, EE.UU.

Extraído da "Antología LAIA IV 2013": Poesia: Aromas de Ciudad Ed. LAIA, U.S, 2013.
ISBN-10: 1492190829              ISBN-13: 978-1492190820

viernes, 18 de marzo de 2016

"Viaxar a lánsbrica"

Viaxar á Lánsbrica supón viaxar a inocencia, lembrar aqueles tempos da adolescencia na que todo era posible, atravesar o tempo caendo por unha fenda da antigüidade, aparecer no inicio dos tempos, e en compaña dun xigante amigo percorrer a historia da nosa terra, convivindo coa xente que nos precedeu; pero viaxar á Lánsbrica  supón tamén viaxar a inocencia da literatura, a aqueles tempos iniciais nas que o lexendario formaba parte das propias xentes, nas que o contar unha simple historia formaba parte da esencia da humanidade, da súa esencia máis artística. E todo iso recorrendo as terras próximas da futura Auria, e as súas verbas...

“Viaxar a lánsbrica”: expresión auriense que tanto indica indagar na historia da nosa provincia como recuperar lendas, contos e tradicións dos nosos antergos.

                                                                                                   Plubia

jueves, 17 de marzo de 2016

Estes vellos lugares

"O socorrista dirixiuse a dona Luísa logo de descender cun arnés á fosa na que caera o desprevido raparigo quen, medio inconsciente, deliraba mentres tremía de frío.

  -Temos que levalo ao hospital Cristal Piñor para que o teñan en observación. Posiblemente teña unha conmoción. (...)

  "Bah, non será nada! -pensou para ela mentres acariñaba a curvatura do torque- á fin de contas, estes vellos lugares están repletos de seres fantásticos e lendas"..."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.201-202

miércoles, 16 de marzo de 2016

Semellaba desvariar

"-Teño demaisado frío-musitaba ao seu acompañante- Creo que estou a piques de esborrallarme.

  -Non te inquietes -animábao o antigo rei de Nemetóbriga-, estamos moi preto da vella cidade de Lánsbrica, habitada por xente amiga. 

  (...) O guerreiro continuou camiño levando case a rastro ao seu compañeiro, cando adiviñou  a silueta das murallas da cidadela de san Cibrao de Lás. O raparigo semellaba desvariar."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.200

martes, 15 de marzo de 2016

Na vella cidade

"O compoñedor cavilou breves instantes para inmediatamente propor unha nova solución que encheu de brillo os ollos do vello rei de Nemetóbriga. Abondaría con que o achegase a unha aldea chamada Laias. Próximo a un manancial de auga termal vivía nunha cabana un santerio destro no tratamento do enganido. (...)

  Consciente de que nunhas horas anoitecería, decidiu aproveitar todo o tempo posíbel para acurtar a distancia con Laias. Xa faría noite polo camiño, quen sabe se na vella cidade de Lánsbrica. Seguro que aí atoparía abeiro para facer noite e, co amencer, alcanzar o seu destino."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.198-199

 

lunes, 14 de marzo de 2016

Aquelas historias de tesouros

"Intuitivamente decidiron confiar o seu segredo a Alexo. Aquelas historias de tesouros que contaba con seguridade valéranlle en máis dunha ocasión o cualificativo de tolo. (...)

  Alexo non se sentiu para nada sorprendido. O s anos pasados nunha cadeira de rodas ensináranlle a mirar as cousas desde unha altura diferente á habitual.

  -Tomade o camiño de Viduedo -indicouo o minusválido-. Alí atoparedes a un santo home ao que chaman Vanitán. Se callar el poida axudarvos."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.193-194

domingo, 13 de marzo de 2016

A lectura do Salterio

"Sen dilación, para evitar o "paseíño", os irmáns fuxiran ocultándose nos montes que ocupan a chaira de Vilela, deambulando desde Punxín até os bosques de Amoeiro.

  Afeccionado á lectura do Salterio, quixo a fortuna compensar a Alexo polo mal grolo que estaba a pasar, de maneira que nos Chaos de Amoeiro "ao bater enriba dunha pedra, sentiu ruído de bo son", tal e como o libro describía."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.192

sábado, 12 de marzo de 2016

Brandindo mocas

"Entón as irmás refuxiáronse dos elementos na cuadra das ovellas. Molladas, sen apenas comida e enfermas pola idade e as penosas condicións en que vivian, o xuíz do Carballiño non puido actuar para internalas nun establecemento digno en contra da súa vontade.

  O cura de Dacón fixo tamén o seu intento e, na compaña de dúas monxas dun asilo, víronse obrigados a fuxir como un raio ante as ameazas das desgraciadas, quen brandindo mocas ameazaban aos visitantes con lanzarlles aceite fervendo para defender a calquera prezo o legado dos seus pais.(...)

  Brais sentiu que un calafrío lle percorría as súas costas. Cando o paisano se decatou de cal era o seu destino, convidounos a que o acompañasen ao Carballiño. Ao chegar indicaríalles onde se situaba a oficina de contratación para traballar no tendido do ferrocarril. (...)

  Perplexos, ambos amigos preguntábanse en que tendido traballarían se o percorrido xa estaba rematado. Un home en cadeira de rodas coas pernas amputadas, veciño do barrio de Flores congratulouse de que non os puidesen contratar."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.190-191

viernes, 11 de marzo de 2016

Estraños símbolos

"Resoltos a non quedar aí por máis tempo e escasos de facenda, informados de que no Carballiño urxían peóns para as obras do trazado da vía férrea, os compañeiros enfilaron rumbo a aquela vila para aliviar a súa precaria situación.

  Levaban un longo treito camiñando cando, xa en terras de Maside, chegaron ao lugar chamado O Mato. Próximos ao seu destino, decidiron facer un alto para comer arrimados ás ruínas dunha casa que tiña gravados estraños símbolos.

  Aínda non comezaran o primeiro bocado cando sentiron unha intensa presenza que os convidaba a afastarse daquel lugar. Un labrego do Mato que ía de camiño á estrada nacional coller o autobús para ir á feira do Carballiño, recomendoulles ao velos que sería preferíbel que acampasen nun lugar máis san."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.188-189

jueves, 10 de marzo de 2016

E ao cabo voltamos

"Ao romper a alba do día seguinte, ambos os dous amigos despedíronse dos habitantes da casa. Brais convencera ao seu amigo para pór terra de por medio. Sen apenas provisións e baixo un inverno glaciar, extraviados por montes e camiños desertos, acabaron ante a mesma porta da Casa da Escasulla.

  -Tamén é casualidade -cavilou o vello guerreiro-, tantos esforzos por afastarnos de aquí e ao cabo voltamos."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.187

miércoles, 9 de marzo de 2016

Arrefriando aínda máis

"Sentíndose cómodo e comprendido na compaña de ambos os dous amigos, o mestre convidounos a que se lle unisen nunha viaxe en automóbil até Calvos de Randín, onde a súa irmá exercía o seu maxisterio na escola de Cerreda. (...)

  A mestra, que era viúva, compartía a edificación coa súa filla de apenas doce anos. O inverno azoutaba aos veciños de Cerreda cercándoos nas súas casas mentres o vento asubiaba polos poxigos, arrefriando aínda máis se cabe o interior da vivenda."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.185

martes, 8 de marzo de 2016

Os máis ricos xamóns

"Nemeto e Brais non tiñan unha impresión mellor e decidiron afastarse canto antes daquel dantesco espectáculo.

  -Vaiamos a Dacón -suxeriu o antigo guerreiro intentando restar importancia ao sucedido-. Din que aí curan os máis ricos xamóns que se poden probar. (...)

  Cando á fin puxeron os seus pés naquel recuncho do mundo onde se elaboraban as máis saborosas salgaduras, ante unha apetitosa bandexa de xamón curado tallado, ambos os dous amigos gozaron dunha deliciosa merenda. O xornal rematara e practicamente todos os veciños estaban na taberna tomando unha cunca de viño. O dixomedíxome do lugar era a tráxica morte do enxeñeiro encargado de drenar o Puzo do Lago. (...)

  O vello lembrou á concorrencia que, sendo aínda neno, circulaba un relato que aseguraba que certa noite, na que o vento azoutaba con forza os poxigos das casas,  camiñaban sen acubillo a mercé dos elementos a Virxe polo pobo do Lago, e decidiu condenar a todos os habitantes mergullando a cidade baixo as augas pola súa falta de caridade ao solicitar asilo."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.182-183

lunes, 7 de marzo de 2016

Un home tirado na cuneta

"Despreocupados pululaban polos camiños cando, cruzando os Chaos de Amoeiro, deron co cadáver dun home tirado na cuneta. Un veciño do lugar que, pasando antes xa fora testemuña do fatal acontecemento, apresurouse a notificar o achado.

  Ambos os dous amigos se achegaban aos restos á vez cando chegou unha parella da garda civil que acudía a Trasalba para facer as primeiras pescudas. (...)

  -Sería un axuste de contas- especulaba o outro axente mentres ordenaban o traslado ao hospital provincial para practicar a autopsia-. Esta xente de mal vivir, xa se sabe...

  (...) Cargado de grillóns, conduciron ao cómplice confeso ao cuartel da Garda Civil para terminar as dilixencias, á vez que un vehículo se facía cargo do cadáver para o seu traslado á capital."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.180-181

domingo, 6 de marzo de 2016

Aquel verdor

"Cando o seu fillo finalmente se fixo home, o sancristán, xa no seu leito de morte, confioulle o pouco que quedaba da súa fortuna suplicándolle que con aquela concisa renda se retirase a algún lugar próximo ao mosteiro de Oseira e orase por el para purgar os seus pecados librándoo do purgatorio. 
  
  (...) E con intención de cumprir a promesa dada, tomou o camiño cara onde o seu ascendente indicara. Aproximábase a Cea polo camiño de Compostela cando a visión da poderosa montaña da Martiñá chamou poderosamente a súa atención. Cando a súa vista acadou os montes de Viduedo, vendo aquel verdor e coñecendo a proximidade do mosteiro, decidiu instalarse naquel lugar."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.179

sábado, 5 de marzo de 2016

A fin daquela marabillosa república independente

"Amoucado, Brandón e Elices meditaba sobre a fin daquela marabillosa república independente do Couto Mixto, que con tanta paixón defendera. (...)

  Por iso conducíano á capital para axustizalo.  Desposuído na cidade daquel vestixioso derradeiro do antigo privilexio, executaríano como espía ao servizo do país veciño, acusado de alta traizón.

  A tristeza que o embargaba residía, máis que na súa propia sorte, en que coa súa captura adiviñaba a fin daquel postremeiro reduto de liberdade que ao longo de séculos constituíra o Couto Mixto. (...)

  Presentado ao oficial superior as súas credenciais do servizo de intelixencia, fixéronse cargo da custodia do monxe-soldado ao que trasladaron en segredo á Capital. Aquela sería a derradeira vez que Brais e Nemeto verían con vida ao exclaustrado. (...)

  Cando chegou a ouvidos do cura da Pousa a nova do falecemento dun tal Brandón e Elices, comezou a tremer como un xunco."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.176-177

viernes, 4 de marzo de 2016

O exclaustrado

"O exclaustrado, vendo como un pelotón se aproximaba perigosamente á súa posición, dirixiuse practicamente arrastrándose polo chan evitando ser advertido, buscando avanzar polo camiño de Fraga-Portos até chegar a un outeiro desde onde conseguiría unha mellor vixilancia.

  Cravando os cóbados enriba dos coios do estreito e tortuoso camiño, rabuñando os xeonllos contra a terra endurecida apenas amortecida por unha delgada capa de herba campía escasa e seca, o esgotado combatente por fin gañou o promontorio coñecido como a Grama do Corno Dourado. (...)

  Pola vía lousada que discorre paralela ao regato baixaba cargado de cadeas, aos tombos e culatazos que lle propinaban os soldados, o exclaustrado de Diabelle."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.175

jueves, 3 de marzo de 2016

Un enorme monólito

"Tras o anuncio de que a Xunta Nacional se disolvera para restituír ao monarca no trono, Brais e o seu fiel compañeiro demoráronse de tal xeito en chegar ao destino fixado que, cando á fin alcanzaron o Couto Mixto, xa reinaba Isabel II. (...)

  A Serra de Leboreiro estaba literalmente tomada polos soldados da raíña Isabel. (...) Nin o xélido frío da Fonte do Saltón disuadía aos soldados. No seu agocho da Mota, tamén coñecida como Cabeza de Meda, resgardábase protexido por un enorme monólito que a natureza e os séculos labraran con liñas suaves."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.173-174

miércoles, 2 de marzo de 2016

En albas

"O xeneral Bernardo González del Valle, alcumado Cachamuíña, acaudillaba as tropas resistentes da Guerra de Independencia contra Napoleón en distintas zonas do territorio.

  Mentres a Xunta Nacional se repregaba covertendo por uns días en capital do país ao Couto Mixto, en plena Serra de Leboreiro, Cachamuíña acababa de instalar o seu cuartel xeral en Boborás.

 (...) O destronado rei Pepe Botella abandonaba o país pola porta traseira cando os nosos amigos cavilaban en pór rumbo ao Couto Mixto para levar a boa nova á Xunta Nacional, mais ante as novas de que o Comité había xa tempo que regresara á capital, decidiron demorar o camiño.

  O cura da Pousa vivía en albas."

Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.171-172

martes, 1 de marzo de 2016

Acendida como a do sangue

"Á saída norte da Serra de Queixa, a uns sete quilómetros de Pobra de Trives, Nemeto e Brais dobraron por unha vía que conducía á vila de Paradaseca, alcanzando a aldea de Coba.

  Ao pé do arroio que mana polo lugar coñecido como A Trave, déronse de bruzos cun pequeno bosque de árbores moi peculiares xa que, sendo bidueiros, no canto de presentar unha cortiza branca, a súa cor era acendida como a do sangue. (...)

  Xusto naquela paraxe acamparan as tropas inimigas que cercaban a aldea de Coba mais pola noite, no medio dunha intensa nevarada, os acampados non preparados para o frío semellaban aparvados."
 
Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.170-171

lunes, 29 de febrero de 2016

A Casa da Escasulla

"Non sen preocupación, os nosos amigos iniciaron o camiño que os levaba a Manín. Tendo como desacougante paraxe a aterradora montaña de Franxoso, os camiñantes puideron ver a silueta da casa da Inquisición, coñecida no lugar co nome da Casa da Escasulla. (...)

  A dicir dos máis anciáns do lugar, houbo un tempo en que a casa estivera ocupada por un tebroso crego que exercía como párroco den Manín."
Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.166