Mostrando entradas con la etiqueta parque san lazaro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta parque san lazaro. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de noviembre de 2016

Unha curva endiañada

"-A propósito, quixera ter unha palabriñas coa súa muller. Ela é a única que sabe o que pasou na rúa do Cuartel.

  Por baixo do Pazo, a estrada traza unha curva endiañada. Na mesma revolta, pinga a fonte do Cirrichote. Pareime a botar un grolo e lin o papel. Tratábase dunha carta dirixida á radio, a un programa de adicatorias. O remitente, solicitaba un tema para "Miss Bouvier".

  Aínda ben non cheguei á comisaría, crucei o Parque de San Lázaro para visitar os estudios de La Voz del Miño."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.163

domingo, 15 de mayo de 2016

O chichote

"Daquela levei a man ó chichote e xurei. Os pecados obrigaron a presinarse ás beatas que viñan da igrexa de Santo Domingo que, sen embargo, non se pararon a botarme unha man anque me vían caendo ás paredes.

  Puiden arrastrarme polo Parque de San Lázaro e chegar a comisaría. O xefe mandou buscar un médico e, por unha vez, freou a lingua respectando a miña dor de cabeza. Despacheino rosmando dúas ou tres explicacións confusas e pedín permiso para regresar ó Ribeiriño e probar as empanadas. Parei pouco na casa, collín unha ración con moitos vultos na masa, onde supuña emparedados os mellores toros de anguía, e dirixinme á Chabasqueira. Na morada do Aquilino notábase a man da funeraria La Gloria, había coroas e, sobre todo, estaba o cadaleito."

Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.51-52

lunes, 11 de abril de 2016

Enroscado no cocho

"Peguei un brinco, porque no meu barrio a churreira pasa os domingos, e o último que lembraba era a velada dun martes infausto, no que me rondara e case me sorprende a morte empoleirado no alto da Ponte de don Luís. Non me acordaba de máis nada (...) Explicoume que era xoves, e non día de precepto como temera, levaba un día coa súa noite enroscado no cocho coma unha cobra aterecida. Os churros estaban pasados, trouxéraos a víspora dunha cafetería do Parque. Nun quiosco do centro mercara tamén o número de A Zarpa que estaba enriba da cama."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.25

miércoles, 30 de marzo de 2016

De novo a amoxetar putas

"-Xa verás como teño que tocar a chanca pola raia.

  -Para facer o paripé, Sindo. Non tardarán en poñerte de novo a amoxetar putas no Vilar.

  Subindo a rúa do Concello pensei en tomarlle outro vaso e retrasar o encontro co xefe. De seu rabudo, co asunto dos portugueses pintaría a cana verde. Pero nin sequera a augardente torce o que está de ser, así que crucei a Diagonal e seguín cara ó Parque de San Lázaro. Ó estacionar -espantando mocosos que abrían a boca pasmados co meu Dauphine-, xa vin que me acenaban os policías da escolta dende o Goberno Civil."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 13

viernes, 16 de enero de 2015

Polo si ou polo non

"Polo si ou polo non, demos unha volta polos arredores, por fóra do auditorio, e mesmo por diante de cemiterio, sen resultado ningún.

(...) Cando chegamos á fonte do parque de San Lázaro, onde quedaramos, xa estaba o Capitán Aspanitas alí, asinando autógrafos a un grupo de rapaces. En canto puido, escoitou, con moita atención, o relato do que nos pasara en San Francisco.

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.33-34

miércoles, 14 de enero de 2015

Aquí hai algo moi raro!

"-Amigos, permanecede cos ollos ben abertos! Chamádeme outra volta, se fai falla -dixo o Capitán Aspanitas-. Aquí hai algo moi raro! Eu irei botar unha ollada polas Burgas. Vémonos, dentro dun anaco, no parque de San Lázaro, diante da fonte."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.29

lunes, 27 de octubre de 2014

El camino que siguen

"Cruzaron por las parroquias de Vilariño y Velle; lugares concentrados en resaltes de roca sobre las laderas
de viñas, campos no extensos de aradas con el centeno castigado por la helada. Desde las curvas de Velle en los tramos altos pueden ver lejos, alzándose en los estribos, sobre la altura de los muros la puente de Orense, elegantísima y fina, que a tal distancia no deja precisar la ruina que la hace tal vez temporalmente intranhitabile. Puede ser que, pasando de Velle a La Loña por ásperos tramos, se hable de la Encomienda de la Batundeira de la Orden de Alcántara. El camino que siguen pasa el río Loña, por un puente alto, elegante, de un sólo arco y las aguas del río,  hijo de los montes, más bien torrente, se lanzan impetuosas. Después el camino se vuelve resbaladizo, de arcilla y guijarros o cantos rodados son también los muros. La ciudad no se destaca claramente.  Sólo se percibe la alta torre de la Catedral y, en lo alto, envuelta en el sol brillante del invierno el convento y la agradable fachada y torre de San Francisco dominando la ciudad. Los viajeros entran por el campo de la Pía da Casca o mejor por el de San Lázaro, plantado de ciruelos salvajes, con dos pequeñas ermitas blancas del Santo de los leprosos."

Ramón Otero Pedrayo, El Padre Feijóo: Su vida, doctrina e influencias, Instituto de Estudios Orensanos "Padre Feijóo", Orense, 1972, pág.47

Imagen: "Retrato del Padre Feijóo" de José Maea, José Vázquez. 1797-98. Ourense, colección particular. Do catálogo da exposición:: "Cidadán libre da República Literaria", outubro de 2014, Ourense. 

viernes, 21 de febrero de 2014

Pasos lentos hacia el balcón

"Yo me fui a pasos lentos hacia el balcón. Lo abrí con manos torpes. Caía mi mirada sobre la calle. Todo estaba en su sitio: los almacenes de San Román, los carros parados enfrente; a lo lejos, el Campo de San Lázaro. Sí, todo se veía con claridad desde aquel quinto piso; la luz estival no dejaba ningún rincón indemne donde puediera refugiarse lo increíble... Pero de lo que estaba perfectamente seguro era de que si en aquel momento se hundiese el balcón yo quedaría flotando en el aire."

Eduardo Blanco-Amor, La catedral y el niño, ed. Galaxia, Vigo 1997, páx.439