Destino, 1963 |
"Los miedos" é a terceira novela que escribe Eduardo Blanco Amor. Foi publicada en xaneiro do ano 1963 pola editorial Destino, de Barcelona. Neste ano Blanco Amor xa tiña publicadas tres obras narrativas: "La catedral y el niño" (1948), "A esmorga" (1959), ambas en Arxentina, e "Os Biosbardos" (1962), pola editorial galega Galaxia, conxunto de relatos que, pese a aparecer publicados con anterioridade, foran escritos despois da súa segunda novela en castelán, "Los miedos".
"E, un pouco sorprendentemente -aínda que non tanto se temos en conta a escasa repercusión que tivera A Esmorga nos medios galeguistas - El miedo (máis tarde Los miedos) preséntaa en castelán. Segundo propias declaracións a novela -que ten rematada xa en xullo do 60- foi escrita, na primeira redacción, en galego pero, nun arrebato, destruíu o manuscrito. ¿Por qué? Porque ninguén fala de A Esmorga; os pseudogaleguistas de alá silenciana: os críticos, nin vou alá nin fago falta; o públcio, como se non existira. A pesar de todo, Fabril Editores proponlle a versión en castelán."
Gonzalo Allegue, Diante dun xuíz ausente, ed. Nigra, Vigo,1993, páx. 275
Destino, 1989 |
Blanco Amor tamén está descontento coa reperscusión das súas novelas anteriores en Arxentina polo que animado por Valentín Paz Andrade deciden buscar a maneira de tratar de darlle difusión en España. O propio Paz Andrade recibirá o manuscrito e o presentará ao concurso baixo o seudónimo de Trasmar (según indica Emilio Peral Vega no seu artigo "La mirada de la infancia en Los miedos de Blanco Amor", Dicenda, Cuadernos de Filología Hispánica, 1999, 17, páxs.177-194). O autor depositou grandes esperanzas neste premio esperando acadar un recoñecemento que desexaba. Pero non foi así: no fallo de xaneiro de 1961 a obra de Blanco Amor ten que conformarse cun tercerio posto, decepción aínda maior vendo a pouca calidade da obra gañadora.
Certas escenas non concordaban coa moral da dictadura: o neno protagonista observa un episodio de masturbación e un coito, contados con todo luxo de detalles.
Finalmente, no ano 62 a editorial Destino proponlle a Blanco Amor editar a novela, pese a que só publicaban as obras finalistas, pero antes verase na obriga, con moito pesar, en suprimir certos episodios debido a unha denuncia feita polo escritor galego Castroviejo ante a Dirección Xeral de Información.
Existen dúas edición desta obra, en Destino:
-1ª edición: 1963