"Correu a i-auga.
Correu. Do Depósito de Roundwood no condado de Wicklow d´unha capacidade cúbica de 2.400 millós de galós, percorrendo o longor d´un aqüeduto por baixo da terra de filtros principás de simpre e dobre tubería feitos asegún un plan inicial ô coste de 5 pesos por yarda lineal pol-o trayeuto de Dargle, Rathdown, Glen de Downs e Callowhill ô depósito de 26 acres en Stillorgan, unha distanza de 22 millas, e dend´alí ô longo d´un sistema de cada vegada môres tanques, d´unha extensión de 250 pés deic´o lindeiro da cibdade na ponte d´Eustace, sobr´a rúa Leeson, inda que nos vraus, de moita seca e c´un gasto diario de 12 millós e medio de galós, a i-auga tiña baixado por baixo do nivel da chea, pol-o que o ispeutor e inxiñeiro hidráulico Mr. Spencer Harty, C.E. nas instrucciós pr´o emprego da i-auga tiña prohibido o gasto das augas municipás pr´outros fis dos do consumo (ollando a posibilidade de ter que botar mau das augas podres dos canles Grande e Royal, coma no 1893), especialmente en Gardas do Hospicio do Sul de Dublin apesar da sua ración de 15 galós diarios pra cada probe, tiñan sido causantes d´un gasto de 20.000 galós cada noite por unha variante do seu medidor, como demostrou o axente legal da corporación, Mr Ignatius Rice, procurador, o que era moito en dano da outra porción do pobo que pagaba ben as tasas, solvente, pol-o que díu a voz d´alarma."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 5-6.
No hay comentarios:
Publicar un comentario