Poido Bloom descobrir fautores de semellanza n-as suas iguás ou desiguás reaiciós diante da esperencia?
Os dous eran mais sensibres âs impresiós musicais que âs plásticas ou pictórecas. Os dous gostaban millor unha maneira continental de vivir, que insular, unha residenza cis-atlánteca que tras-atlánteca. Os dous traballados por esperencias domésticas e por herdada forza de resistenza heterodoxa profesaban sua descreenza pra moitas doutriñas ortodoxas relixiosas, sociás nacionás i-éticas. Os dous ademitían a infruenza alternativamente estimuladora e deprimidora do magnetismo heterosexual.
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario