domingo, 26 de diciembre de 2021

Parrafeo 3011

"Obedecu Stephen seu aceno?

Obedeceu, entrando docemente, axudou a pechar i-encadear a porta e segíu ô longo do hall a traseira do home e listados pés i-acesa candea, pasaron unha alumiada bufarda de porta e amodiño baixaron unha escaleira de caracol de cinco escalós, que levaba â cociña da casa de Bloom.

***

Qué fixo Bloom?

Matou o candieiro c´un soplido agudo na chama, puxo duas cadeiras de piñeiro d´asento liso na pedra do lar, unha pra Stephen de costas â fenestra, outra pra il cando lle cumprise, axoellouse n-un xoello, compuxo na reixa unha pira de guizos resinosos cruzados, algús papeles de coores e polígonos mal feitos do millor carbón d´Abram a 21 shillings a tonelada, do almacén dos Sres. Flower e M´Donald, num, 14 da rúa D´Olier, puxo lume en tres puntas de papel c´un mixto co que liberdouse a enerxía potencial contida no fogón por entrar o seu carbono e o seu hidróxeno en ceibe unión co ousíxeno do áer."

***

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 5. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario