"Cáles foron logo as alternanzas diante a, premeditadamente (respeutivamente e impensadamente, parexa sen chave?
Entrar ou non entrar. Chamar ou non chamar.
***
Acordo de Bloom?
Unha estrataxema. Pondo os pés riba do muriño, rubíu na balaustrada, apretou o chapeu na testa, agarrou duas puntas na baixa unión da balaustrada co-a escaleira, baixo o corpo pouco e pouco, no seu altos de cinco pés, nove pulgadas e meia, deica dous pés, dez pulgadas da superficie do enlousado, e permetindo ô corpo moverse libremente no espazo, arredándose dos balaustres e baixándose en previsión da caída."
***
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 4.
No hay comentarios:
Publicar un comentario