domingo, 19 de diciembre de 2021

Parrafeo 3004

 "No que s´afastan as suas opiniós sobr´algunhas cousas?

Stephen afastábase abertamente da opinión de Bloom sobre da importancia da axuda cívica e alimenticia, namentras que Bloom afastábase tácitamente de Stephen sobre da eterna afirmanza do esprito humán na literatura. Bloom daba asenso caladamente â reitificación que fixera Stephen do anacronismo envolto en por a data de conversión da nazón irlandensa do druidismo ô cristianismo feita por Patricio, fillo de Calpornus, fillo de Potitus, fillo d´Odyssus, mandado pol-o Papa Celestino I, no ano de 432, no reinado de Leary, ô ano 260 ou arredor, no reinado de Leary, ô ano 260 ou arredor, no reinado de Cormac Mac Art ( 266 A.D.) morto d´unha enchenta en Sletty i-enterrado en Rossnaree. O colapso, ô que Bloom puña por causa a priguiza gástrica e certas misturas de variada adulteración e forza alcohólica, xuntamente co traballo mental i-a rapideza do movemento circolar n-unha atmósfera carregada, apúñallo Stephen â reaparición d´unha nube da mañá (ollada por entrambol-os dous dende dous difrentes sitios, Sandycove e Dublín) máis pequena ô comenzo qu´unha mau de muller."

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 3. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario