“Que paseio paralelo trouxeron ô dar volta Bloom e mais Stephen?
Surtindo co andar ordinario da Praza de Beresford, êles seguiron no orde nomeado as rúas Lower e Middle Gardiner e praza Mountjoy, ô W: logo menos Temple, ô N.: logo, inda máis adispacio, deténdose moito seguiron dereito a rúa do Temple, ô N, deica a praza Hardwicke. Chegándose, apartándose e con andar vagoroso, cruzaron diametralmente o circo diante da eirexa de San Xurxo, sendo a corda do arco sempre menor que o orco que aquela sostén."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario