"En qué apariciós pol-o xeito matinaba Stephen?
Sobre d´outras en calquera lado, cando axoellado n-un xoello ou nos dous, acendía lume pra il, do irmau Michael na enfermería do Colexio da Compañía de Xesús en Clongowes Wood, Sallins, condado de Kildare: do seu pai Simón Dedalus, n-un desalaxado carto da sua primeira residencia en Dublín, númaro 13 da rúa Fitzgibbón: da súa Madriña Miss Kate Morkan na casa da súa difunta irmâ Miss Xulia Morkan, no 15 Usher´s Island; da sua nai Mary, viuda de Simón Dedalus, na cociña do 12 da rúa North Richmond, na mañá da festa de San Francisco Xavier, 1898; do Direitor de Estudos, Padre Butt, no anfiteatro de físeca do Colexio Universitario, 16, Stephen´s Green, N; da sua irmâ Dilly na casa do seu pai en Cabra."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 5.
No hay comentarios:
Publicar un comentario