viernes, 24 de diciembre de 2021

Parrafeo 3009

 "Il caeu?

Pol-o sabido peso do seu corpo, de nove pedras e catro libras, asegún a graduada máquena pra periódico peso na casa de Francis Froedman, farmacéutico-químico da rúa Frederick, 19, N, pol-a derradeira festa da Ascensión, a saber, o doce de Maio do ano bisesto de 1904 da era cristiá (era xudía 5664, era manometana 1322), áureo númaro 5, epacta 13, ciclo solar 9 letra dominical C.B. Indicción romana 2, período xuliao 6617, MXMIV.

***

Il ergueuse lastimado?

Ganando novo equilibrio estabre, esgueuse sen golpe, inda que axitado pol-o choque, ergueu o aldabón exercitando a forza no seu libre flanco movente e por forza de palanca de pirmeiro xénero alcanzou a cociña pol-o fregadeiro subxacente, acendeu a forza d´un mixto por frega, ceibou gas inflamabre de carbón dando volta â chave producindo unha outa lapa que regulou a calada candescencia, e por fin acendeu un candieiro."

***

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 4. 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario