martes, 28 de diciembre de 2021

Parrafeo 3013

 "Qué pudo ollar Stephen erguendo a vista â outura da lapa, na parede oposta?

Debaixo d´unha ringleira de cinco campaiñas, unha corda combada estesa antre duas grapas postas, nos socalcos da chemineia, da que penduraban catro pequenos panos cadrados dobrados consecutivamente en reutángulos adxacentes e un par de calcetas gris de muller con corchetes de ligas Lisle e pés na sua adoitada posición, descansando en tres clavixas de pau, duas nos cabos e a terceira no punto d´unión."

***

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 5. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario