jueves, 16 de julio de 2015

Sempre ó mesmo síteo

"Pasaba as horas enteiras rondando polas rúas endiante sin ouxeto fixo. Coas maus metidas nos bulsos dos calzós, vagaba dun lado pra outro, mirando sin ver, con ademán de tolo que máis dunha vez faguía volver a cabeza á xente. (...)

  Pro cal se esprito oculto guiase os seus pés, arregrábase de tal xeito que sempre había de vir a parar á Praza, e nela sempre ó mesmo síteo.

  Entón os seus ollos perdían a anterior indifrencia, adiquirían refrexos estranos e fixos, degorantes, non se apartaban da porta úneca de pequeno comercio cal si nel houbese máxico feitizo que o atrouxese."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.277-278)

No hay comentarios:

Publicar un comentario