domingo, 19 de julio de 2015

A praza tomaba nova vida

"A tarde acábase... (...)   Os comercios empezaron a ilumearse unhos tras doutros.

  Primeiro a botica lucindo os seus tarros de porcelana branca, con membretes dourados, as botellas de pousada barriga enxeitas de xarabes e mexurxes de distintos cores onde a luz tomaba tintes fantástecos, lúgubres, agoreiros.

  Dúas portas máis embaixo, cal si lle quixese faguer competencia á botica, estaba a armería de niquelados revólveres, de brilantes puñales, de incrustadas carabías e no médeo das dúas, faguendo contraste, a librería relixiosa, na cal se destacaban os crucifixos de metal dourados e os devocionarios de niquelados broches no medio daquela baraúnda de ouxetos de escritorio.

  Despois outra vez a fila de comercios, interrumpida de vez en cando xa por un estanco, unha administración de loterías, e aló na cima a zapatería do Ucha, na cal se formaban tódalas noites tertulia de antidiluvianos que sabcaban a relocir, sempre co mesmo monótono tono, as valentías e as grexadas da súa mocedá, ou ben escoitaban, movendo a cabeza e erguendo as maus en siñal de aprobación, o seu fillo que lía deletreando os parrafeos de O Tío Marcos, e persiñándose asombrados da perversión dos rapaces de agora que viñan sin consideración algunha baterlle nos cristaes ou botarlle pola porta algunha rata. A praza tomaba nova vida, e chea de xente parés que despertaba do anterior letargo."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.279-280)

No hay comentarios:

Publicar un comentario