lunes, 13 de julio de 2015

O grave vibrar das campás

"Pro cando súa emoción foi en aumento, cando non poido deter as bágoas, foi ó pisar as tortas, estreitas, mal coidadas calles do seu barrio, que non por ser o peor da cibdá deixaba de ser o máis querido de Ánxel.

  Cada esquía, cada porta era un recordo, cada veciño un coñocido, cada prazuela un testigo dos seus xogos infatiles. (...)

  De súpeto espallouse polo espazo o grave vibrar das campás da Trinidá, e Ánxelo non podendo resistir máis caíu de xinollos.

  Eran elas, as meigas campaíñas da súe eirexa parroqueal, da súa Trinidá, que tantas, tantas veces el tocara cando neno.

  Cada toque atopaba eco no seu curazón, e faguíalle despertar novos recordos."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.276)

No hay comentarios:

Publicar un comentario