jueves, 2 de julio de 2015

Abouxadoras voces

"As voadoras bruxas colleron a D. Alonso e botárono polo aire, seguindo tras dil con abouxadoras voces.

  O castelo retumbou nas súas paredes e dando un estalo fundiuse en mil miaxas.

  D. Alonso caía, caía e nunca chegaba. Ó seu lado iba o tío Liborio e a coitada Sila e pouco a pouco víñanse xuntando chorosas mulleres que aceneándolle a D. Alonso non paraban de berrar: "Maldito, maldito", eran outras víctimas da luxuria.

  Por fin no medio do río, entre un volcán de fogo e entre indescriutible Babel de brasfemas e maldiciós saíu o demo cheo de alegría a recoller a D. Alonso."

Heraclio Pérez Placer,("O puzo do inferno") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.217-217)

No hay comentarios:

Publicar un comentario