"Era día de feira e a industreosa vila de Cea estaba chea de animación e tódalas calles estaban acuguladas de arrieiros que ou ben acudían ó mercado con cargas de grau ou ben saían cargados cara outro pobo do afamado pan da dita vila.
Pro notábase outra animación distinta da acostumbrada en tales mercados.
Aquel día era de festa e de troulada, pois casábase o máis rico maiorazgo do pobo coa máis fermosa rapaza que as ribeiras do Anceo habían xamais criado."
Heraclio Pérez Placer,("Frol sin rego") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.244)
No hay comentarios:
Publicar un comentario