domingo, 5 de julio de 2015

¡O que eles non fan, non o fai o demo!

"En cras de argallantes, xa non hai como os rapaces de Celanova. ¡O que eles non fan, non o fai o demo!

  Cicais levado a que teñen no pobo as mellores rapazas da provincia, sempre están de bo xéneo e aproveitando tódalas ocasiós pra divirtirse.

  E coidado, que como un rapaz de Celanova se lle meta algunha cousa no corpo, non a deixa da mau hasta darse xeito de como lle ha de sacar gosto e divertimento anque seia a conta do próximo."

Heraclio Pérez Placer,("Consonante forzado") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.257)

No hay comentarios:

Publicar un comentario