miércoles, 15 de julio de 2015

As brétemas da noite

"O crime dil era o ser máis que os outros, saírse da vulgaridá, ter máis talento. Mentras foi como todos, mentras non lle fixo soma a naide tivo amigos dabondo e naide dil falaba máis que ben.

  Pro chegou un día en que seus traballos de poeta lle conqueriron laudes e fama e en que coa coroa de loureiro cinguiu súas sienes, e entón adiós amistades, adiós quereres, a envexa varreunos dunha vez pra sempre, e craro está que da envexa soio poido saír a calumnia. (...)

  Pro era un martirio pro seu natural bo esta finxida soberbia, e pra non verse no caso de finxila fuxiu da sociedá e foi cando comenzou as súas correrías polo campo.

  Ó princípeo non lle atopaba tanto gusto pro despois foise encontrando tan ben que non pisaba cuasemente a cibdá polo día e somente cando viñan as brétemas da noite se refuxaba nela."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.277)

No hay comentarios:

Publicar un comentario