"El morríase por se istruir, por adeprender e os seus non mui sobros cartos non lle permitían saír do país nin comprar tódolos libros que lle eran nacesarios.
Alí no comercio xuntábanse os homes de máis sabidenza que había en Ourense, e a dicha maior de Ánxel sería tratalos e falar con eles. Por outro lado sentía esa fascinación que nos produce todo canto nos ademira, e el non podía por menos que sentirse atraguido hacia aqueles homes que xa rubiran a vereda de espiñas que conduce á groria.
Alí víanse en fraternal mistura o escritor riseiro da localidá, de aspeuto melancóneco, seica por contraste, arrimado a unha esquina do mostrador..."
Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.280)
No hay comentarios:
Publicar un comentario