domingo, 12 de julio de 2015

As primeiras chouzas

"Non era estrano, despois de longos anos de ausencia viñera pro seu pobo, sedento de caricias, ansioso de quereres, cobizante de agasallos. El ó ver as primeiras chouzas de Ourense sintiu as bágoas rebuldar nos ollos, referver o peito coa tenrura, que tendendo os brazos quixera estreitar ó pobo enteiro contra o seu peito.

  Cada paso que daba, despertáballe na ialma gratos recordos da infancia, que viñan a refrescar con bris de felicidá seu curazón magoado.

  E el ó pisar as calles da cibdá amada, parecíalle que todo lle souría, que todo o saudaba, que todos lle daban a benvida e que hasta o ceo si brilaba tan craro e esprendente era por il."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.275-276)

No hay comentarios:

Publicar un comentario