"Ánxelo comprendeu que a morte rondaba ó redor del e parés que antes de morrer quería despedirse de tódolos sitios máis frecuentados na súa non lexana infancia.
Pro donde pasaba horas enteiras embebido, era ouvindo tocar as campás da Trinidá, que tantas veces tocara de neno e cuios toques lle traguían mil lembranzas, ou mirando pra elas senón tocaban."
Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.283)
No hay comentarios:
Publicar un comentario