martes, 7 de julio de 2015

As burgueiras arrecolléranse

"Ourense dorme, tocaron a queda e todo está en silenzo. O barrio da xudería correu xa as cadeas, pechouse a sinagoga e todo está adormentado, silenzoso, soilo o Barbaña ó pasar rozando coas súas míseras casas parés se queixa xordamente.

  As burgueiras arrecolléranse, os graxos da Burga agazapados nos seus buracos seica medo lle tiñan ó frío, que nin por xuncras botaban o fuciño fóra.

  Nunha rúa sucia, lóbrega, estreita como tódalas da xudería, inda debe de haber alguén que vele, pois inda nunha das súas casas hai luz."

Heraclio Pérez Placer,("A virxen do Carme da Burga") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.261)

"Os xudeos da cidade, non moi numerosos (...) residían espallados polas diversas rúas nunha convivencia xeralmente pacífica, por iso non podemos falar propiamente de xudería. Non sabemos cando viñeron morar
a Ourense. Poida sere que fora alá polo século XII, cando se formou a Rúa Nova ou Vicus Novus, barrio onde atopamos logo a súa sinagoga e as súas tendas. (...) Pero unha proba de que vivían xa de vello naquela rúa é o feito de que por eses mesmos anos tiñan nela a Sinagoga ou casa de oración. Tratábase de unha construcción que ocupaba o solar dunha simpre casa, que lle fora aforada polo Cabido..."

Olga Gallego Domínguez, A cidade de Ourense: unha visión a través dos séculos. Boletín Auriense, anexo 27, Museo Arqueolóxico Provincial, Ourense, 2001, páxs.87-88

No hay comentarios:

Publicar un comentario