"Pro por demais está que o decir a úneca groria, referímonos ó seu magnífico Conde, diputado por Calahorra, gobernadore de non sei onde, e outra chea de títulos e dinidades, que de ter outras tantas o crego de Tamallancos, il que gasta tanta borra soilo por ter un escudo de pedra na porta da casa, de fixo que toupa como unha castaña. Máis pra acabar basta con que lembremos, por si non o adiviñaron, que nos referimos ó lembrado D. Paco Roque.(...)
D. Paco é tan bo poeta como namorado, e máis namorado que porco, e eso que en cuanto a porco é máis que a misma porquería.
Asina que ó ver unha meniña fermosa que veu pra Celanova incendióuselle o curazón, que ás veces tamén o esterco arde, e metéuselle na cabeza que había de casar con ela, non sei si co gallo de lle faguer un fillo pola eleutricidá como lle fixo a certa nena de Ourense."
Heraclio Pérez Placer,("O puzo da Sila") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.257-258)
No hay comentarios:
Publicar un comentario