jueves, 30 de julio de 2015

Entre néboas mexonas

"Os penedos, espidos de vexetación e cubertos de pátina escura, tiñan un aspeuto lúgubre, malencóneco, e aló lonxe, entre néboas mexonas, distinguíase a Ourense, medio esborroado, botando polas súas chamineas espirales de fume, que ó contauto do aire, estendíanse, arremuiñábanse, prendíanse nos tellados vaporosas guedellas, e pouco a pouco íbanse desfaguendo, desfaguendo: semellaban unha manela de solto liño, dempois unha gasa branca, sutil, dempois... nada, un sospiro que se perde, un eco que se apaga."

Heraclio Pérez Placer,("Ánxel") Contos, leendas e tradiciós, 1891, Imprenta de El Eco de Ourense (Obra narrativa en galego, 1998, Centro Ramón Piñeiro, páx.291)

No hay comentarios:

Publicar un comentario