sábado, 29 de enero de 2022

Parrafeo 3045

 "O derradeiro adiós foi impresionante por certo. Dos campanarios lonxanos e imediatos  chegaba sen acougo o batelar funerario, namentras tod´arredor o sombrizo hourizonte ecoaba co zunido de cen cobertos tambores ponteados polo oco estrondo pas pezas d´ordeanza. Os abouxantes tronos e serpentinos lustrigos locindo âs vegadas en col da pantasmal escea, testemuñaban com´a artillería do ceo mandaba a sua pompa super natural sobr´o impresionante espeutáculo. Unha chuvia caroal caeu das vaporosas portas do esquivo ceo sobr´as nuas testas d´unha moitedume en númaro, asegún a máis baixa computación de cinco centas mil persoas."

Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 9-10.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario