"Qué cousas facían probremática pra Bloom a realización d´aquelas proposiciós mutuas e procomunadas?
A irreparabilidade
do pasado: unha vez n-unha función de circo na Rotunda. Rutland Square, Dublín,
un clown médeo coorado e intuitivo, choutou da area ô púbrico en procura de
paternidade; atopando a Bloom, alí sentado e isolado, o clown decrarou diante
da xente tolleita de risa qu´il (Bloom) erá o papá (do clown). A
imprevisibilidade do porvir: en certa ocasión no vran de 1898, il (Bloom) tiña
sinalado un florín (21) con tres siñás no canto e diuno en pagas d´unha conta
debida e recibida por J. e T. Davy, tendeiro pra familias, 1, Parque de
Charlemont, no Gran Canal pra que circolara riba das augas da finanza civil pra
posible retorno, xa direito, xa circolar."
***
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 8.
No hay comentarios:
Publicar un comentario