"Com´era dunha glífica comparanza dos fonemas dos dous lenguaxes feitos en sustanciación da comparanza oral?
Na antederradeira folla branca d´un libro d´estilo literario inferior, Delicias do Pecado traguido por Bloom e tan gastado que cuasque perdera o grosso) c´un pincel (perdido por Stephen) escribíu Stephen os caraiteres irlandeses de gee, ch, dee, em simpre e modificado, e Bloom â sua volta, escribíu os carauteres hebraicos ghimmel, aleph, daleth, e (a falla de mem) un sostitutivo qoph, espranando os seus valores aritméticos coma númaros ordinás e cardinás, a saber 3, 1, 4, e 100."
***
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 7.
No hay comentarios:
Publicar un comentario