"Qué contrarias arelas foron por un e pol-o outro propostas, acetadas, trasformadas, desprezadas, postas n-outros termos, reacetadas, reitificadas, voltas a confirmare?
O comenzo d´un
curso d´istrución italiana, logar: a residenza do istrutor. O comenzo d´un
curso d´istrución vocal, lugar: a residenza da istitutriz. O comenzo d´unha serie de diálogos estátecos
e peripatéticos, lugar: as residenzas dos faladores (supondo que viviran
xuntos) Ship, hotel e taberna, 6 rua
Lower Abbey (W. e E. Connery, propietarios) a Librería Nazonal d´Irlanda, 10
rua Kildare, o Hespital Nazonal de Maternidade, 29, 30 e 31 rua Holles, un
xardín púbrico, a veciñanza d´un logar de culto, a conxunción de duas ou máis
pasaxes púbricas, o punto de biseición d´unha liña reuta, tirada antr´as duas
residenzas (supondo viviren os dialogantes en difrentes sitios)."
***
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 8.
No hay comentarios:
Publicar un comentario