"Qué puntos de relazón eisisten antr´estas léngoas e as xentes que as falan?
A presenza de sons guturás, aspiraciós diacrítecas, letras epentéticas e serviles nas duas léngoas; a sua antiguidade, sendo as duas ensinadas no chao de Shinar 242 anos despois do Dioibo no seminario fundado por Fenius Farsaig, descendente de Noah, proxenitor d´Israel e abó de Heber e Heremón, proxenitores d´Irlanda; as suas literaturas arqueolóxicas, xenealóxicas, haxiográficas, exexéticas, homileoticas, toponomástecas, hestóricas e relixosas, comprendendo as obras de rabbis, Torah, Talmud (Mischna e Ghemara), Massora Penttaeuco, Libro de Dun Cow, Libro de Ballymote, Garland de Howth, Libro de Kells; a sua dispersión, persecución, renacencia e resurreición; o isolamento do seu sinagóxico e ecreriástico ritos no ghetto (S. Mary´s Abbey) e casas de Misa (taberna d´Adán i-Eva); a proscriución dos seus vestidos nacionais por leises penás e actas; a restauración de Sión en Chanaan e a posibilidade da autonomía ou devolución políteca da Irlanda."
............................................................................................................................................
***
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 7-8.
No hay comentarios:
Publicar un comentario