"Despois de pôr a cazola mediada en col dos carbós ardentes agora, porqué voltou ô grifo?
Pra laval-as maus lixadas c´unha meio gastada pastilla d´enxabón de Barringtón coor de limón, que inda tiña algún papel apegado (mercada había trinta horas por catro pence e inda non pagada), na fresca i-auga corrente non conservada mais anovada na súa caída, e logo enxulgal-as maus i-a face n´unha tohalla de holanda de moita basta, envolta n-un soporte de madeira."
Fragmento do "Ulysses" de James Joyce, traducido por Ramón Otero Pedrayo. Revista "Nós", nº 32, 15 de agosto de 1926. Páxina 6-7.
No hay comentarios:
Publicar un comentario