Contemplas, muda e queda, ó Montealegre
e intentas apreixar inutilmente
ó caudaloso Miño, cos dedos
firmes e abertos das túas pontes.
O río leva ó esquecemento, nobre Ourense
-antiga Atenas nosa-, os mortos teus.
Estás quedando baleira, sen lembranzas,
aboiando nas néboas da incerteza.
Quizais o deches todo, todo, vella Auria:
incluso o ouro teu, tan ben gastado
nos acendidos roibéns dos teus ribeiros.
Manuel María, Viaxes e vagancias de MP, Madrid, S.M., O Barco de Vapor, 1994
(Extraído do libro: Ourense, craro río, verde val; escolma de Marcos Valcárcel
Concello de Ourense, marzo 2001, páx. 107)
No hay comentarios:
Publicar un comentario