"Unha noite voltabamos de Manzaneda, de levarlle uns capós i outras cousas á costureira Lucía, que se casaba, e que miña tía viúva dona Arminda tíñalle moito aprecio. Pois cando viñamos de volta, o Bartomeu, que xa por aquil tempo, a máis de confianza, tíñame grande agarimo, foise quedando até aparear a súa besta andadora co meu burraco, e díxome coasi á orella, anque non nos ouvía ninguén que iamos polo medio do monte:
- De min pra ti, dígoche que sei facer moitas cousas máis..."
Eduardo Blanco-Amor, Os Biosbardos, ed. Galaxia, 1962, 12ª edición, "Bartomeu i os Biosbardos", páx.62
No hay comentarios:
Publicar un comentario