domingo, 1 de septiembre de 2019

Como animal e como ser humano

“En peores sitios teño durmido, abofé. Como animal e como ser humano. Pero non lembro ter xamais tal ataque de soidade como agora teño. Cando te afastan definitivamente, cando te arredan do resto do mundo e che impiden a volta. Esta burbulla de silencio e frío da que ninguén quere vir sacarte porque queren que esmorezas aí, que morras no esquecemento e na pena. E ti contas os teus anos e fas un calculo dos que quedan e de como mereces a morte. Esa gana de gabear polas propias veas en busca dunha pequenísima lembranza de quen te quixo nalgún tempo, se o houbo; a teta primeira, os brazos do pai, os xogos. Aí está Nela, metida nalgún lugar de min e que vén buscarme.”

Pedreira, Emma. Besta do seu sangue. Ed. Xerais. 2018. Páx. 100

No hay comentarios:

Publicar un comentario