O 4 de outubro o
avogado defensor presenta escrito no que valora a intervención da raíña Isabel
II e a oferta de Mr. Philips de intervir no caso, polo que solicita que
procesado e causa sexan remitidos á Academia de Ciencias Médica e Cirúrxica de
Madrid para que informen ao tribunal co seu bo saber e a súa experiencia. O tribunal non acepta a solicitude, aínda que
algo influirá sobre a sentenza.
O 9 de novembro
de 1853 a Audiencia da Coruña dita unha segunda sentenza que rectifica a do
Xulgado de Allariz, condenando ao preso, non a pena de morte, senón a cadea
perpetua, e non polos nove homicidios, senón pola detención ilegal e
desaparición das nove persoas. Evidentemente os argumentos da defensa, a carta
de Mr. Philips e a intervención da raíña inflúen na resolución final. O
Tribunal estaba composto por Pedro Pascasio Valdés, como presidente, e Antonio
Rodríguez Roca, Félix Eremchum, Eusebio Morales Puigdeban e Juan de Mata Alvarado.
Ante tal
resolución o fiscal Luciano de la Bastida interpuxo recurso o 14 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario