“Señoría, desde a
Gobernación e a través do ministro de Graza e Xustiza e recomendado pola Súa
Maxestade, fannos chegar unha carta peticionaria dun tal doutor Philips.
Investigadas as fontes que dan credibilidade á
súa figura, resulta ser este doutor Philips un eminente cidadán francés que
tivo coñecemento do caso que nos ocupa polos diarios, que xa no resto de países
se fan eco das nosas eivas sociais, e expresa que quere poñer a disposición da
defensa deste Manuel Blanco Romasanta os seus métodos científicos de vangarda,
que non deixan de ser unha sorte de mesmerismo ao que el bautizou como
“electrobioloxía” ou, que é o mesmo, unha pseudociencia.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario