martes, 10 de septiembre de 2019

A Coruña (I)

A sentenza do Xulgado de Allariz tiña que ser elevada a consulta ante a Audiencia da Coruña para ver se ratificaba ou rectificaba a condena a morte do preso como autor de nove homicidios.

O 7 de maio de 1853 entra a consulta a sentenza na Audiencia da Coruña.


                                                 Allariz remite a causa a Coruña.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012. 

A defensa procesal de Romasanta foi dirixida polo letrado Manuel Rúa Figueroa y Fraga, quen anos despois de rematar o proceso elaboraría e publicaría unha ilustrativa “Reseña” de toda a causa. Da acusación encargarase o fiscal Luciano da Bastida.


                          Retrato de Manuel Rúa Figueroa, pintado por Dioniso Fierro.

Fonte: A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. páx. 28.

Rúa Figueroa naceu en Compostela o 8 de marzo de 1811, estivo casado con Juan Porto-Mondragón, e faleceu na mesma cidade en xullo de 1892.

No hay comentarios:

Publicar un comentario