O goberno da
raíña Isabel II, mediante Real Orde do 24 de xullo de 1853, remite á Audiencia da Coruña unha carta e uns
documentos recibidos polo Ministro de Xustiza e enviados por un tal Mr.
Philips, quen solicitaba se lle permitira examinar en persoa a Romasanta, pois
esperaba demostrar, mediante procedemento de hipnose, que padecía unha
monomanía (obsesión por unha determinada idea de xeito recorrente),
recomendando sexa estudada toda esta documentación antes de emitir sentenza, xa
que os estudos deste home pode influír no veredicto, e aportar novas visións á
ciencia.
Carta de Mr Philips.
Fonte: -Domínguez, José e Bustillo Roberto. Romasanta: Historia y leyenda. (Nuevos estudios, nuevos misterios) Ed. Auria. Ourense, 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario